Irmandade Druídica Galaica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Irmandade Druídica Galaica
Historia
Fundación2011
Goberno
DirixenteXoán Milésio
Demografía e cultura
PaísesGaliza e Norte de Portugal
Linguas litúrxicasGalego
Ritos litúrxicosNeodruidismo
Neopaganismo celta
Outros datos
Páxina webhttp://www.durvate.gal/

A Irmandade Druídica Galaica (IDG) é unha asociación relixiosa que representa o druidismo contemporáneo (ou druidaria) na zona da antiga Gallaecia (especialmente en Galiza e o norte de Portugal de hoxe en día).[1]

A asociación viu a luz pública en novembro de 2011 co lanzamento da súa web,[2][3] e foi constituída legalmente como entidade relixiosa en 2015.[4][5][6] Está rexistrada, como tal, perante notario e no chamado Rexistro de Entidades Relixiosas do Ministerio de Xustiza español co número 022549. Así, a IDG transformouse na terceira asociación relixiosa do Estado Español (xusto despois da Orden Druida Fintan e a Hermandad Druida Dun Ailline, ambas de Cataluña), e a primeira na Galiza. Polo tanto, o druidismo é unha denominación recoñecida oficialmente por todas as institucións públicas dese país[7] mais non conta con lugares de culto permanente.

Ademais, a IDG tamén está rexistrada na Axencia Tributaria e é membro da Rede do Patrimonio Cultural (Galiza) e da plataforma internacional Celtic Druid Alliance (CDA).[8][9] Tamén está representada no grupo de Relixión, Espiritualidade, Conservación do Ambiente e Xustiza Climática da Unión Internacional para a Conservación da Natureza a través do seu Durvate Mor (arquidruída).

Crenza[editar | editar a fonte]

A IDG afirma que o Druidismo é a “crenza nativa” do territorio galaico, baseado nas súas orixes celtas e presenza de moitas tradicións, folclore e crenzas antergas.[10][11][12]

Como outros grupos neo-druídicos, a IDG toma a Natureza como ser supremo. Malia todo, e a diferenza doutros grupos, a IDG pode ser considerada máis estrita en termos de adhesión a algúns principios básicos.[13][14][15] As súas crenzas principais poden resumirse en:[16]

  • Honra e respecto polos Devanceiros e Devanceiras e pola terra.
  • Honra e respecto polas Deidades.
  • Aceptación da complexidade da Natureza, o que implica que nada escapa a ela (e polo tanto nada é “sobrenatural”, por definición).
  • Observancia do calendario druídico ou Roda do Ano, e observancia das normas e regulamentos internos da propia Irmandade.

Organización[editar | editar a fonte]

A IDG está composta por Caminhantes. Este é o nome dado a membros activos da organización, dentro dos cales pódense encontrar algunhas persoas iniciadas formalmente, é dicir, persoas con responsabilidades relixiosas onde salienta a figura de Durvate (Druída/Druidesa). A persoa responsábel e representante da IDG é o Durvate Mor (arquidruída), un posto que na actualidade ocupa Xoán Milésio.[17]

Contodo, a IDG distingue a figura de Druidista. Isto é alguén que cre no Druidismo como relixión, ou segue algún grupo druídico, pero de maneira anónima ou sen ser parte activa del. Para a IDG isto é algo equivalente a ser simplemente un ou unha “crente”, como en calquera outra relixión.

O grupo é totalmente auto-financiado a través de doazóns voluntarias e venda dalgún material, rexeitando todo tipo de apoio económico das institucións públicas como parte do seu principio de separación entre “igrexa e estado”. Igualmente, todos os servizos que ofrece (casamentos, cerimonias e ritos, etc) son sempre de carácter gratuíto.[18]

Participación social e política[editar | editar a fonte]

A IDG afirma que o Druidismo debe servir e defender a comunidade e a sociedade onde opera e, por este motivo, as persoas Druidistas poden participar en causas afíns aos principios do propio Druidismo. Deste xeito, a IDG ten estado presente (como grupo ou vía algúns dos seus membros) nunha serie de actos e iniciativas ambientais, sociais e culturais como por exemplo polo benestar animal, protección do patrimonio, protección da paisaxe, defensa da cultura e lingua galegas, etc.[19][20][21] Por exemplo, a IDG é unha das entidades co-organizadoras habituais das Jornadas Galaico-Portuguesas de Pitões (Montalegre, Portugal), xunto do concello local e outras institucións e asociacións.[22][23]

Ademais, a IDG repetiu en varias ocasións a súa política de "tolerancia cero" cara ao maltrato animal, racismo, sexismo ou homofobia.[24]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Comunidades Irmãs, da Assembleia da Tradição Druídica Lusitana (Portugal) recoñecendo a IDG. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  2. Boas-Vindas! Welcome!. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  3. Breves Efemérides Druídicas, sobre a historia do Druidismo e aparición da IDG, pola Orden Druida Fintan (Cataluña). Consultado o 18 de xaneiro de 2022
  4. É oficial - It's official, da web da IDG. Publicado o 3 de agosto de 2015. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  5. Detalle de Entidad Religiosa, rexistro da inscrición co Ministerio de Xustiza español. Publicado o 30 de xuño de 2015. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  6. "Non só católicos: En Galicia hai 277 lugares de culto doutras confesións", en Praza Pública. Publicado o 13 de abril de 2017. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  7. Paganismo contemporáneo, da Fundación Pluralismo y Convivencia (dependente do Ministerio da Presidencia de España). Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  8. Entidades adheriras Arquivado 18 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine., membros da Rede do Patrimonio Cultural da Galiza. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  9. Membros Oficiais, da Celtic Druid Alliance. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  10. García Fernández-Albalat, B. (1999): Las rutas sagradas de Galicia. Perduración de la religión celta de la Galicia antigua en el folclore actual. Deputación Provincial da Coruña.
  11. Melide, R. (2017) "A religiosidade popular pouco tem de católica. Entrevista com Xoán Paredes, Durvate Mor da IDG", en Novas da Galiza, no. 159, Set. 2017. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  12. “Sobrevivência da antiga religião galaica e concomitâncias na Europa Atlântica”, por Xoán Paredes, publicado inicialmente nas Atas das Jornadas das Letras Galego-Portuguesas 2015-2017, DTS, Università di Bologna e AGLP, pp. 51-63. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  13. Druids and Druidry in the 21st century por Xoán Milésio, publicado por primeira vez en A Revista da Tradição Lvsitana, no. 3, ATDL, Nov. 2017, pp.66-74. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  14. Comunicado de apoyo a IDG, da Hermandad Druida Dun Ailline (Cataluña), en apoio da postura da IDG contra "falsos druídas". Publicado o 12 de marzo de 2019. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  15. As mil e umha mortes, programa Efecto Bandua da Rádio LiVerdade (Ourense, Galiza). Emitido por primeira vez o 19 de agosto de 2020. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  16. Druidaria, da web da IDG. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
  17. Galicia and Druidry, entrevista en Spectacular Spain (S01 E06), Channel 5 UK (emitido por primeira vez o 5 de maio de 2017), presentado por Alex Polizzi. Consultado o 18 de xaneiro de 2022
  18. IDG Detalhes Económicos. Consultado o 18 de xaneiro de 2022
  19. Acudide ao II Roteiro da Pantalla!, organizadora dunha actividade cultural de carácter anual xunto doutras asociacións, con data en outubro de 2012. Consultado o 19 de xaneiro de 2022.
  20. Palestra e concerto, do Prof. Francesco Benozzo (it) en Pontevedra, 30 de xuño de 2018. Consultado o 19 de xaneiro de 2022.
  21. Marcha contra celulosas, apoiante da convocatoria anual da asociación ecoloxista (APDR), do 12 de xuño de 2021. Consultado o 19 de xaneiro de 2022.
  22. IX Jornadas, anuncio da Academia Galega da Língua Portuguesa. Publicado o 10 de abril de 2021. Consultado o 18 de xaneiro de 2022
  23. IX Jornadas, anuncio do goberno local do concello de Montalegre (Portugal). Publicado o 2 de maio de 2021. Consultado o 18 de xaneiro de 2022-
  24. Aviso de intolerância, da web da IDG. Publicado o 14 de novembro de 2016. Consultado o 18 de xaneiro de 2022.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]