Nubeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O nubeiro é un personaxe da mitoloxía galega de aspecto forte e grande, vestido con peles negras, capaz de provocar tormentas e dirixir os raios á vontade. Asóciase, polo xeral, con todo o relativo ao fenómeno da treboada, é dicir, néboa, raios, lóstregos, chuvia forte, etc.

Un dos métodos tradicionais para esconxuralos é tocar as campás da igrexa.

Tocan os frades a campá
pra escorrentar o nubeiro,
ben eles sudan... pra encher
pra todo o ano o granceiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]