Aveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brasón de Aveiro

Aveiro é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Aveiro, na rexión Centro e subrexión do Baixo Vouga, situada a cerca de 58 km ao Norte de Coimbra e conta con aproximadamente 60.000 habitantes.

A cidade ubícase na desembocadura do río Vouga, que formará pouco despois a ría de Aveiro.

É sede dun concello con 199,77 km² de área e 73.335 habitantes (2001), subdividido en 14 freguesías. O municipio limita polo norte co concello de Murtosa, ao nordeste co de Albergaria-a-Velha, ao leste con Águeda, ao sur con Oliveira do Bairro, ao sueste con Vagos e con Ílhavo, e cunha faixa relativamente estreita de litoral no Océano Atlántico, polo Oeste.

É un municipio territorialmente descontinuo, visto que comprende algunhas illas na Ría de Aveiro, e unha porción da península costeira con case 25 km de extensión que pecha a ría polo Occidente.