Ultrasón
Aparencia
Un ultrasón é unha onda lonxitudinal que se propaga nun medio material e cuxa frecuencia é superior a 20,000 Hz. As ondas con frecuencias inferiores a 20 Hz son denominadas infrasóns.[1][2]
Sensacións auditivas dos infrasóns
[editar | editar a fonte]En humanos
[editar | editar a fonte]Os ultrasóns non provocan sensación auditiva ningunha cando chegan ao oído das persoas.[1]
En algúns animais
[editar | editar a fonte]Sabemos que algúns animais si son capaces de percibir ultrasóns:
- Os cans, por exemplo, son quen de percibir ultrasóns con frecuencias que acadan mesmo os 50,000 Hz.[3][4]
- Os morcegos poden voar sen chocar con ningún obstáculo, por que emiten ultrasóns, de ata 120,000 Hz, que captan logo de ser reflectidos polos diferentes obxectos que poden estar no camiño do animal.[5][6]
- Outros animais que usan os ultrasóns na ecolocación e navegación son certos cetáceos, como os delfínidos e baleas.[7]
- Algunhas especies de roedores emiten chamadas de ultrasóns durante interaccións sociais, incluíndo o cortexo sexual e a comunicación entre nais e crías.[8]
- Certos insectos, como algunhas especies de trazas, empregan ultrasóns para evadir a predación de morcegos, para desorientalos ou advertir outros membros da súa especie.
- Os tenrecs, pequenos mamíferos nativos de Madagascar, tamén producen ultrasóns en diversos contextos, incluíndo a comunicación social.
- Algúns artrópodos, como arañas saltadoras, poden producir e percibir ultrasóns para a comunicación, durante o cortexo ou para alertar sobre perigos.
- Aínda que é menos común, algúns tipos de peixes, como o peixe gato, son capaces de xerar e recibir ultrasóns, o que lles axuda na localización de obstáculos e predadores en augas turbias.[9]
Aplicacións dos ultrasóns
[editar | editar a fonte]Os ultrasóns teñen unha ampla gama de aplicacións prácticas que transcenden os seus usos biolóxicos por diversas especies.
Na medicina
[editar | editar a fonte]- a ecografía é unha das técnicas de diagnóstico máis recoñecidas que emprega ultrasóns para crear imaxes dos órganos internos, facilitando a detección precoz de moitas condicións de saúde sen ser invasiva. Outras variantes, alén da ecografía 2D tradicional é a ultrasonografía 3D e 4D.[10]
- Ademais, a terapia con ultrasóns é utilizada para tratar lesións musculares e de tecidos móbiles, por exemplo algunhas lesións deportivas, utilizando as vibracións xeradas polos ultrasóns para promover a curación.[11]
- A litotricia extracorpórea por ondas de choque (LEOC) é outra aplicación dos ultrasóns. Neste procedemento, utilízanse ultrasóns para xerar ondas de choque que se dirixen especificamente ás pedras dentro de órganos como os riles ou a vesícula biliar. Estas ondas de choque son capaces de romper as pedras en pezas máis pequenas que logo poden ser expulsadas naturalmente do corpo.[12]
Na industria
[editar | editar a fonte]- Os ultrasóns son empregados para a limpeza de precisión de pezas e instrumentos, especialmente en ámbitos onde a limpeza minuciosa é crucial, como na fabricación de dispositivos electrónicos e en procedementos cirúrxicos.[13]
- Tamén son utilizados para a inspección de materiais mediante técnicas de ensaio non destrutivo, permitindo a detección de imperfeccións internas sen danar o obxecto en estudo.[14]
- Na industria agroalimentaria os ultrasóns úsanse para mellorar procesos como extracción de compoñentes, homoxeneización, preservación, e mellora da calidade dos alimentos mediante a aplicación de enerxía sonora de alta frecuencia que facilita reaccións químicas e físicas eficientes.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "ultrasóns". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-10-07.
- ↑ "infrasón". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-10-07.
- ↑ "Can Dogs Hear Ultrasonic Sound? - Wag!". wagwalking.com. Consultado o 2024-10-07.
- ↑ "Is There A Noise Only Kids Can Hear". Decibel Meter App (en inglés). 2021-10-12. Consultado o 2024-10-07.
- ↑ Falk, Benjamin; Jakobsen, Lasse; Surlykke, Annemarie; Moss, Cynthia F. (2014-12-15). "Bats coordinate sonar and flight behavior as they forage in open and cluttered environments". The Journal of Experimental Biology 217 (24): 4356–4364. ISSN 0022-0949. PMC 4375838. PMID 25394632. doi:10.1242/jeb.114132.
- ↑ "Bat Echolocation". Maryland Department of Natural Resources (en inglés). Consultado o 2024-10-07.
- ↑ Au, Whitlow W. L.; Benoit-Bird, Kelly J. (2003-06-19). "Automatic gain control in the echolocation system of dolphins". Nature 423 (6942): 861–863. ISSN 0028-0836. PMID 12815429. doi:10.1038/nature01727.
- ↑ Holy, Timothy E.; Guo, Zhongsheng (1 de nov. de 2005). "Ultrasonic Songs of Male Mice". PLOS Biology (en inglés) 3 (12): e386. ISSN 1545-7885. PMC 1275525. PMID 16248680. doi:10.1371/journal.pbio.0030386.
- ↑ Fine, Michael L.; Malloy, Karl L.; King, Charles; Mitchell, Steve L.; Cameron, Timothy M. (2001-06-01). "Movement and sound generation by the toadfish swimbladder". Journal of Comparative Physiology A (en inglés) 187 (5): 371–379. ISSN 1432-1351. doi:10.1007/s003590100209.
- ↑ "Entenda as 5 dúvidas mais comuns sobre Ultrassonografia 3D e 4D". Hospital Pilar (en portugués). 2020-07-17. Consultado o 2024-10-07.
- ↑ Rodríguez, Maikel Azaharez (2017-02-22). "Efectividad del ultrasonido terapéutico en el tratamiento de la espasticidad del miembro superior pléjico". Correo Científico Médico (en castelán) 21 (1). ISSN 2708-5481.
- ↑ "Litotricia: MedlinePlus enciclopedia médica". medlineplus.gov (en castelán). Consultado o 2024-10-07.
- ↑ Sharifishourabi, Moslem; Dincer, Ibrahim; Mohany, Atef (2024-04-10). "Implementation of experimental techniques in ultrasound-driven hydrogen production: A comprehensive review". International Journal of Hydrogen Energy 62: 1183–1204. ISSN 0360-3199. doi:10.1016/j.ijhydene.2024.03.013.
- ↑ "Nondestructive Evaluation Techniques : Ultrasound". www.nde-ed.org. Consultado o 2024-10-07.
- ↑ Gallo, Monica; Ferrara, Lydia; Naviglio, Daniele (2018-10-04). "Application of Ultrasound in Food Science and Technology: A Perspective". Foods 7 (10): 164. ISSN 2304-8158. PMC 6210518. PMID 30287795. doi:10.3390/foods7100164.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]----
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |