Aves mariñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albatros planeando sobre o océano.

As aves mariñas son aves que se atopan durante a maior parte da súa vida no mar ou nas súas proximidades, exceptuando quizais a época de reprodución, na cal se sitúan na costa. As aves mariñas amosan unha gran variedade de comportamentos e adaptacións ecolóxicas e fisiolóxicas, aínda que en moitos casos amosan características converxentes dada a semellancia dos nichos ocupados. Os primeiros paxaros do mar apareceron no Cretácico, e familias de aves modernas emerxeron no Paleóxeno.

As aves mariñas adoitan ser lonxevas. A maioría das especies aniñan en colonias, que poden variar en tamaño dunhas ducias de aves a moitos millóns. Moitas aves mariñas realizan longas migracións anuais, cruzando o ecuador ou navegando ao redor da terra. Alimentanse tanto na superficie do océano coma nas profundidades. Poden ser peláxicos, costeiros, ou nalgúns casos pasar parte do ano totalmente lonxe do mar.

Existe unha historia longa entre humanos e os paxaros do mar: eles proporcionaron comida aos cazadores, dirixido pescadores á súa presa, e conducido mariñeiros á terra. Actualmente moitas especies atópanse ameazadas pola actividade humana.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Schreiber, Elizabeth A. & Burger, Joanne.(2001.) Biología de los Pájaros Marinos, Boca Raton: CRC Press, ISBN 0-8493-9882-7