Abba Eban

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abba Eban

Abba Eban (אבא אבן) (nado como Aubrey Solomon Eban en Cidade do Cabo o 2 de febreiro de 1915 - 17 de novembro do 2002) foi un político e diplomático israelí.

Eban residiu en Inglaterra dende a infancia, estudou en Cambridge, e serviu co exército británico durante a Segunda Guerra Mundial, realizando misións de enlace entre os aliados e os Yishuv de Palestina, onde se estableceu despois da guerra.

Logo da creación do Estado de Israel foi o primeiro representante israelí na ONU e embaixador israelí nos Estados Unidos. Entre 1966 e 1974 foi o ministro de exteriores de Israel, defendendo o país durante a Guerra dos seis días, malia iso foi un dos valedores da devolución de territorios a cambio de paz.

En 1988, despois de tres décadas na Knesset, perdeu o seu escano a causa das divisións internas no Partido Laborista


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abba Eban