Luís Iglesia
| Luís Iglesia | |
|---|---|
| Nacemento | Luís Iglesia Besteiro 2 de febreiro de 1962 Riotorto, |
| Profesión | Actor, actor de voz, actor de dobraxe e director de dobraxe. |
| Páxina web oficial | |
| Ficha na IMDb | |
Luís Iglesia Besteiro, nado en Riotorto (provincia de Lugo) o 2 de febreiro de 1962, é un actor galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Traballou no teatro con varias compañías, especialmente con Teatro do Aquí.[1]
No eido da locución dobra ó galego a Harrison Ford, Robert De Niro, Mel Gibson, Paul Newman, Chuck Norris e Garfield, entre outros.[2] Tamén traballa en publicidade.
No ámbito representativo fixo varias curtametraxes, coma Palíndromo. Participou en varias series, coma Libro de familia, nalgunhas delas en papeis protagonistas, coma Un mundo de historias, Terra de Miranda e a máis importante, e que lle proporcionou fama, Matalobos, onde interpretaba a Carmelo Matalobos[3] En 2010 participou na miniserie española No soy como tú, producida por Antena 3.
Tamén en longametraxes para televisión (Entre bateas, Cota vermella ou Pataghorobí) e para o cine (La promesa ou Heroína).
En 2011 forma parte do reparto da serie Piratas de Telecinco interpretando ao Intendente Gaspar Falcón. Canda el, están no reparto Pilar Rubio, Óscar Jaenada, Silvia Abascal, Luis Zahera e novamente coincide con Xabier Deive e Luisa Merelas, tras Matalobos.
En 2012 estrea outra serie emitida por Telecinco esa temporada, La fuga, protagonizada por María Valverde e Aitor Luna, e que conta no seu reparto coa tamén actriz galega María Vázquez. Tamén no 2012 actúa no filme galego Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar e no que interpreta a personaxe de Breixo de adulto.
Premios e candidaturas [editar]
Premios Mestre Mateo [editar]
| Año | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2012 | Mellor interpretación masculina protagonista | Matalobos | Nomeado |
| 2011 | Mellor interpretación masculina protagonista | Matalobos | Nomeado |
| 2010 | Mellor interpretación masculina protagonista | Matalobos | Nomeado |
| 2009 | Mellor interpretación masculina protagonista | Matalobos | Nomeado |
Notas [editar]
- ↑ Axencia Audiovisual Galega.
- ↑ "Harrison Ford coida que as clases humildes salvaron o galego", artigo en El Progreso, 15 de maio de 2008.
- ↑ "Matalobos, un «thriller» con acento lucense", artigo en La Voz de Galicia, 12 de abril de 2009.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Garfield e mailos seus amigos
- A lexión dos superheroes
- O detective Conan
- One Piece
- Shin Chan
- Walker, ranger de Texas