Fundación Moncho Reboiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fundación Moncho Reboiras
Logo
TipoSindical
Data de fundaciónmaio de 2004
Fundador(es)Confederación Intersindical Galega
Nomeado en referencia aMoncho Reboiras
Presidente/aSuso Seixo (-) Editar o valor em Wikidata
Localización
EnderezoRúa Miguel Ferro Caaveiro 10. 15702
EnSantiago de Compostela
PaísGaliza
Na rede
https://www.fundacionmonchoreboiras.gal
Facebook: fesga Twitter: FMonchoReboiras Youtube: UCkDJyORanOGx07gDi6J-lZQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza (FESGA) é unha fundación de interese galego[1] constituída pola Confederación Intersindical Galega en maio do 2004. Leva o nome do militante galego Moncho Reboiras.

Finalidades[editar | editar a fonte]

  • Fomentar o estudo e a investigación sobre cuestións sociais e laborais, en xeral.
  • Realizar ou colaborar na investigación, estudo, formación e divulgación sobre a historia dos sindicatos e do movemento obreiro galego, particularmente do sindicalismo nacionalista.
  • Realizar ou colaborar na investigación, estudo, formación e divulgación sobre a historia de Galiza, especialmente os temas sociais e económicos, e a participación da nosa emigración nos movementos sociais no exterior.
  • Estudar a realidade actual da clase obreira galega e dos movementos sociais, así como a problemática nacional.
  • Divulgar na clase obreira galega e os movementos sociais do país outras experiencias exteriores.
  • Formar dirixentes e cadros sindicais, delegados e traballadores que desexen ter unha maior participación sindical.
  • Dar a coñecer as experiencias, análises e reflexións do sindicalismo galego, especialmente o nacionalista, a outras centrais sindicais do exterior e outros movementos sociais en xeral.
  • Ser depositaria dos arquivos da Confederación Intersindical Galega.
  • Recoller, catalogar, clasificar e dixitalizar a documentación referida ao movemento obreiro galego, especialmente ao sindicalismo nacionalista, así como do nacionalismo galego, en todos os campos de acción.
  • Facilitar a consulta aos estudantes e investigadores, da documentación arquivada na Fundación.
  • Divulgar e fomentar o estudo e investigación, no campo histórico e xurídico, daqueles temas que contribúan á mellora das condicións da clase obreira. Así como doutras ciencias sociais.

Liñas de actuación[editar | editar a fonte]

Actualmente, a Fundación Moncho Reboiras ten principalmente seis liñas de actuación:

Documentalismo[editar | editar a fonte]

Recollida, catalogación, clasificación e dixitalización de documentación referida ao movemento obreiro galego, especialmente ao sindicalismo nacionalista, así como do nacionalismo galego en todos os campos de acción.

Xestión do arquivo histórico da CIG e do arquivo audiovisual de memoria do sindicalismo nacionalista galego que dá lugar ao Centro de Documentación do Sindicalismo Nacionalista Galego.

Formación[editar | editar a fonte]

Organización de cursos, xornadas e conferencias-coloquio de formación sindical.

Publicacións e comunicación[editar | editar a fonte]

Edición de libros, cadernos, revistas e/ou folletos.

Divulgación a través de Internet.

Audiovisual[editar | editar a fonte]

Realización e edición de audiovisuais, principalmente en formato documental.

Eventos e xornadas[editar | editar a fonte]

Organización de eventos, xornadas ou conferencias con finalidade divulgativa.

Presenza da fundación en diferentes eventos, feiras ou encontros.

Exposicións[editar | editar a fonte]

Realización, edición e montaxe/desmontaxe de exposicións divulgativas.

Padroado[editar | editar a fonte]

O Padroado está formado por:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]