Saltar ao contido

Fundación Galiza Sempre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fundación Galiza Sempre
Sede da fundación Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Forma xurídica
 Ideoloxía política
Persoas e organizacións
 Fundador/a
 Presidente/a
Datas
 Fundación / creación
maio de 1999 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Avda. Rodríguez de Viguri, 16. 15702 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: galizasempre Twitter: galizasempre Vimeo: galizasempre Flickr: galizasempre Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A Fundación Galiza Sempre é unha fundación constituída en 1999, promovida polo Bloque Nacionalista Galego. Inscrita no Rexistro único de fundacións de interese galego da Xunta de Galicia co número 1999/15 e no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento. Forma parte do Centre Maurits Coppieters, fundación política europea; da Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos; e do Consello Internacional de Arquivos.[1]

Actividade

[editar | editar a fonte]

A fundación desenvolve dúas liñas de actuación prioritarias: unha, dirixida á promoción do pensamento socioeconómico, político e cultural de Galiza, e outra adicada á preservación e difusión da memoria histórica de Galiza e especificamente do nacionalismo galego.

No ámbito do pensamento distínguense na súa traxectoria tres eixes temáticos: o mundo das nacións sen estado; a crítica do neoliberalismo, a desigualdade e a exclusión e social; e, en terceiro lugar, as políticas públicas alternativas en ámbitos como o feminismo, a cultura, a participación cidadá ou as transformacións sociais asociadas ao autogoberno.

Na procura dunha nova cultura política asentada na diversidade, a fundación estendeu o seu campo de acción alén de Galiza mantendo relacións con entidades do País Vasco, Cataluña e Portugal, e participando activamente en redes europeas ou no Foro Social Mundial.[1]

O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Beiras.

Presidentes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Quen somos". Galiza Sempre. Consultado o 2022-03-10. 
  2. "Veiga Buxán toma o relevo de Beiras na Fundación Galiza Sempre". Galicia Confidencial. Consultado o 2017-04-08. 
  3. "O BNG recupera a Guillerme Vázquez para a Fundación Galiza Sempre". Galicia Confidencial. Consultado o 2017-04-08. 
  4. "Francisco Jorquera, novo presidente da Fundación Galiza Sempre". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2017. Consultado o 2017-04-08.