Unión do Pobo Galego-liña proletaria
Aparencia
| Unión do Pobo Galego-liña proletaria | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
A Unión do Pobo Galego-liña proletaria (UPG-lp) foi un partido galego independentista e comunista que apoiaba a loita armada. Editaba o voceiro Terra e Tempo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Froito dunha escisión da Unión do Povo Galego ocorrida en 1977 cando Xosé Luís Méndez Ferrín, que acusaba á UPG de dereitización, progresivo acatamento das institucións españolas e interclasismo foi expulsado da organización por discrepancias na política sindical, oposición á legalización da ING, sobre a participación nas eleccións e tamén polo seu apoio á loita armada[1]. Nas eleccións xerais de 1977 pediu a abstención.
Foi rebautizado en marzo de 1978 co nome de Partido Galego do Proletariado[2].
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑
- Cilia Torna. «A prehistoria da UPG (LP) e do PGP Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.». Sermos Galiza.
- ↑ "Galicia Ceibe". Enciclopedia Galega Universal.