Diego Castro
Diego Castro | |||
---|---|---|---|
![]() Diego Castro en abril de 2013. | |||
Información persoal | |||
Nome | Diego Castro Giménez | ||
Nacemento | 2 de xullo de 1982 (40 anos) | ||
Lugar de nacemento | Pontevedra | ||
Altura | 1,74 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Getafe | ||
Número | 17 | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2001–2003 | Pontevedra | 63 | (14) |
2003–2006 | Málaga B | 90 | (2) |
2005 | Málaga | 2 | (0) |
2006–2011 | Sporting de Gijón | 170 | (39) |
2011–2015 | Getafe | 129 | (18) |
2015– | Perth Glory | 84 | (35) |
Selección nacional | |||
2006–2007 | Galicia | 2 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 31 de xaneiro de 2019 [ editar datos en Wikidata ] | |||
Diego Castro Giménez, nado en Pontevedra o 2 de xullo de 1982, é un futbolista galego. Xoga de extremo esquerdo e o seu equipo actual é o Perth Glory FC australiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar no equipo de fútbol base do seu colexio, o Sagrado Corazón, destacando con 11 anos no torneo escolar EDIT. Posteriormente xogou na Agrupación Xuvenil Lérez, e no 2001 pasou ao Pontevedra CF, que xogaba en Segunda B.
En 2003 fichou polo Málaga B, daquela en segunda división, disputando 90 partidos en tres tempadas. O 4 de decembro de 2005 debutou en primeira división co primeiro equipo ante o Osasuna, e a seguinte xornada xogou contra o Real Madrid.
En 2006 fichou polo Sporting de Xixón, nese momento en segunda división, ascendendo a primeira trala tempada 2007-08. No ano 2009 foille concedido o Trofeo Molinón de Prata como mellor xogador do equipo.
En maio de 2011 anunciouse a súa incorporación ao Getafe CF.
Persoal[editar | editar a fonte]
É fillo do adestrador Fernando Castro Santos.