Manuel Castiñeiras Porto
Manuel Castiñeiras | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel Castiñeiras Porto | ||
Nacemento | 7 de agosto de 1979 (43 anos) | ||
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2001–2004 | Compostela | 79 | (0) |
2004–2006 | Eibar | 76 | (0) |
2006–2007 | Tenerife | 11 | (0) |
2007–2010 | Racing de Ferrol | 53 | (0) |
2010–2011 | Cerceda | 19 | (1) |
2011–2015 | Compostela | 65 | (2) |
Total | 303 | (3) | |
Selección nacional | |||
2006 | Galicia | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel Castiñeiras Porto, nado en Santiago de Compostela o 7 de agosto de 1979, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.
Desenvolveu gran parte da súa carreira na SD Compostela, dende as categorías inferiores, pasando polo filial e ata o primeiro equipo, co que disputou case 200 partidos en catro categorías diferentes, e do que foi capitán ata a súa retirada en 2015. Na actualidade é o director deportivo do club santiagués.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse nas categorías inferiores da SD Compostela. Na tempada 1997/98, cando aínda xogaba cos xuvenís do club, comezou a disputar partidos co Compostela B en Terceira División e acabou por gañar a titularidade ao final da tempada, na fase de ascenso a Segunda B.[1] Xogou no filial compostelán ata que na tempada 2001-02 subiu ao primeiro equipo, que acababa de descender a 2ª B.[2] Logrou ese ano o ascenso a Segunda e xogou no equipo branquiazul os dous turbulentos anos seguintes nos que o club descendeu tres categorías, dúas delas por débedas.
No verán de 2004 fichou polo Eibar, de Segunda División, no que xogaba o tamén ex do Compos, Paco Corredoira.[3] Estivo dúas tempadas no club vasco, nas que xogou como titular case todos os partidos, pero descendendo ao final da 2005/06, momento no cal fichou polo Tenerife, adestrado por Pichi Lucas. No club canario dispuxo de poucos minutos durante a campaña, vivindo ademais un momento tráxico no partido de ida fronte á Ponferradina, cando foi substituído na segunda parte para serlle comunicado que seu pai, que estaba vendo o partido nas bancadas do Toralín, acababa de falecer dun infarto.[4][5]
No verán de 2007 fichou polo Racing de Ferrol, onde se reecontrou de novo con Corredoira. Militou alí durante tres tempadas, nas que o club perdeu dúas categorías. No inicio da segunda das súas tempadas en Ferrol, Castiñeiras sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito que o mantivo de baixa durante case toda a tempada.[6]
Na tempada 2010/11 xogou co Cerceda en Terceira División, conxunto adestrado polo ex xogador do Compostela, Nacho.[7] Tras rematar a competición en primeira posición volveu ao Compostela, que competía en Preferente baixo a dirección de Anxo Casalderrey. Disputou catro tempadas máis en Santiago, vivindo dous ascenso ata 2ª B e converténdose no capitán e emblema do equipo.
En xaneiro de 2015 retirouse do fútbol para facilitarlle ao club a fichaxe de Yacine Qasmi, pois a cota de fichas sénior estaba completa.[8] Incorporouse de inmediato á secretaría técnica do Compostela e en maio de 2017 converteuse no director deportivo.[9]
Selección galega[editar | editar a fonte]
En 2006 representou á selección galega no empate a un fronte ao Ecuador no estadio de Riazor.[10]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Manuel entrenará con elprimer equipo del Compos". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 12 de xullo de 1998. p. 51.
- ↑ "El canteranoManuel renovó su contrato conel primer equipo". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 4 de xullo de 2001. p. 33.
- ↑ "Castiñeiras, novena incorporación del Eibar". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de outubro de 2020. p. 34.
- ↑ "Muere de un infarto el padre de Manuel Castiñeiras cuando asistía al Ponferradina-Tenerife". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de decembro de 2006. p. 40.
- ↑ "Manuel Castiñeiras será enterrado hoy". El Correo Gallego (en castelán). 4 de decembro de 2006. Consultado o 26 de outubro de 2020.
- ↑ Bruquetas, Antón (9 de agosto del 2008). "La defensa se rompe por la rodilla". La Voz de Galicia (en castelán). p. 25.
- ↑ "El Cerceda se refuerza con los ex compostelanistas Pablo y Manuel Castiñeiras". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xullo de 2010. p. 32.
- ↑ "Manuel Castiñeiras deja el fútbol". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xaneiro de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2020.
- ↑ "Manu Castiñeiras asume la Dirección Deportiva de la SD Compostela" (en castelán). 31 de maio de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2020.
- ↑ "A gran festa do fútbol rematou en empate: Galiza 1 - 1 Ecuador". Vieiros. 29 de decembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2012. Consultado o 26 de outubro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1979
- Nados en Santiago de Compostela
- Futbolistas de Santiago de Compostela
- Defensas de fútbol
- Xogadores da SD Compostela
- Xogadores do SD Eibar
- Xogadores do CD Tenerife
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores do CCD Cerceda
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Directores deportivos de fútbol de Galicia