Saltar ao contido

Rede Ferroviaria Transeuropea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rede Transeuropea de Ferrocarril

Mapas do TEN-T Core Network Corridors e das vías prioritarias en 2005, de ferrocarrís con conexións no litoral
Rede138 000 km de liñas ferroviarias
Vel. máximasuperior aos 300 km/h

A Rede Transeuropea de Ferrocarril ou Rede Ferroviaria Transeuropea está formada pola Rede Ferroviaria Transeuropea de Alta Velocidade e a Rede Ferroviaria Transeuropea Convencional. É unha das redes que conforman a Rede Transeuropea de Transporte da Unión Europea.

De conformidade co artigo 10 da Decisión n.o 1692/96/CE [1][2] do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de xullo de 1996, relativa ás directrices comunitarias para o desenvolvemento da Rede Transeuropea de Transporte, a rede ferroviaria deberá incluír as infraestruturas e instalacións que permitan a integración do ferrocarril coas estradas e, se é o caso, cos servizos de transporte marítimo e aéreo. Neste sentido, indícase que se debe prestar especial atención á conexión dos aeroportos rexionais á rede[3].

Finalidade

[editar | editar a fonte]

A rede ha ter as seguintes características:

  • Debe desempeñar un papel importante no transporte de pasaxeiros de longa distancia.
  • Debe permitir a interconexión cos aeroportos sempre que sexa posible.
  • Debe permitir o acceso ás redes ferroviarias rexionais e locais.
  • Debe facilitar o transporte de mercadorías identificando e desenvolvendo rutas troncais de mercadorías ou rutas nas que os trens mercantes teñan prioridade.
  • Debe desempeñar un papel importante no transporte intermodal
  • Debe permitir a interconexión polos portos con tránsito marítimo de curta distancia e con vías navegábeis interiores.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  • Rede Transeuropea de Estradas.
  • Rede Transeuropea de Vías Navegábeis interiores.
  • Rede Transeuropea de Portos.
  • Rede Transeuropea de Aeroportos.
  • Rede Transeuropea de Transporte Combinado.
  • Rede Transeuropea de Xestión de Mercadorías.
  • Rede Transeuropea de Xestión do Tráfico Aéreo.