Plataforma Queremos Galego!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Queremos Galego»)
Plataforma Queremos Galego!
Logo
Tipoinstitución cultural
Propósitonormalización lingüística
Campo de traballolingua galega
Data de fundación2009
Na rede
https://www.queremosgalego.gal/
Facebook: queremosgalego Twitter: queremosgalego Instagram: queremosgalego Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Manifestación de Queremos Galego! en Compostela.

Queremos Galego! é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que naceu en 2009 para artellar unha ampla resposta colectiva a prol da lingua galega, mediante a defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación, e con intención de conseguir a progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

Queremos Galego!, segundo afirma na súa páxina web, naceu

tras un proceso de debate e reflexión colectiva arredor da difícil situación que está a vivir a lingua neste momento concreto. A un estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elaborados até o momento, únese un elemento non menos grave: as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta xa desde os primeiros días da lexislatura.

Repercusión[editar | editar a fonte]

Esta plataforma conseguiu adhesións desde diversos colectivos de distintos puntos de Galiza[1]: asociacións culturais e deportivas, asociacións de nais e pais, partidos políticos, sindicatos etc.

A plataforma convocou dúas manifestacións en 2009 (unha o 17 de maio[2] e outra o 18 de outubro[3]) con importante éxito canto a número de persoas, e o 21 de xaneiro de 2010 convocou unha folga xeral no ensino e manifestación en Santiago de Compostela, que foi secundada pola maioría sindicatos, os partidos políticos da oposición, profesorado, alumnado, nais e pais, a MNL e diversos colectivos[4][5][6].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]