Portal:Muller
Artigo destacado
O feminismo é un conxunto de teorías sociais, movementos políticos e filosofías morais, principalmente motivadas por ou concernentes ás experiencias das mulleres, especialmente referidas á súa situación social, política e económica. Como movemento social, o feminismo principalmente está enfocado a erradicar a desigualdade de xénero e promover os dereitos das mulleres e os seus intereses na sociedade. Isto tamén concirne ao efecto que producen os roles de xénero nos homes, e o estímulo aos homes para trocar os roles tradicionais masculinos.
O feminismo alterou principalmente as perspectivas predominantes en diversas áreas da sociedade occidental, desde a cultura ao dereito. As activistas feministas fixeron campañas polos dereitos legais das mulleres (dereitos de contrato, dereitos de propiedade, dereitos ao voto), polo dereito da muller á súa autonomía e á integridade do seu corpo (dereitos ao aborto e dereitos reprodutivos —incluíndo o acceso á contracepción—), pola protección contra a violencia de xénero e a sexual ou polo remate da discriminación no traballo en todas as súas formas. Imaxe destacada
Sabías que...?
Categorías
Biografía destacada
Jane Marian Joseph, nada o 31 de maio de 1894 en Londres (Inglaterra) e finada na mesma cidade o 9 de marzo de 1929, foi unha compositora, arranxadora e profesora de música inglesa. Foi alumna e posteriormente compositora asociada de Gustav Holst, e estivo estreitamente implicada na organización e na xestión de varios festivais de música que Holst patrocinou. Moitas das súas obras foron compostas para ser interpretadas nestes festivais e en ocasións similares. A súa morte prematura, que impediu a plena realización do seu talento, foi considerada polos seus contemporáneos como unha perda considerable para a música inglesa. Holst foi o primeiro en observar o potencial de Joseph cando estaba a ensinarlle composición na St Paul's Girls' School. Comezou a actuar como a súa copista en 1914, cando estaba a compoñer The Planets, a súa especial responsabilidade era a preparación da partitura do movemento "Neptune". Continuou a asistir a Holst con transcricións, arranxos e traducións, e foi a súa libretista para o ballet coral The Golden Goose. Durante a súa breve vida profesional converteuse en membro activo da Society of Women Musicians, foi a principal promotora do primeiro Kensington Musical Competition Festival, e axudou a fundar a Kensington Choral Society. Tamén ensinou música en escolas femininas, onde a filla de Holst, Imogen, foi unha das súas alumnas, e converteuse nunha das figuras máis importantes na vida musical do Morley College... Cita destacada
Proxectos relacionados
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|