Skaði

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skadi cazando nas montañas (1901), de H. L. M.

Na mitoloxía nórdica, Skaði (transcrito o inglés en ocasións como Skadi, Skade ou Skathi) era unha xigante e deusa asociada coa caza con arco, o esquí, o inverno e as montañas. Skaði aparece na Edda poética, compilada no século XIII dende fontes tradicionais, así como na Edda prosaica e na saga Heimskringla, escritas no século XIII por Snorri Sturluson, e en diversas obras dos escaldos.

En tódalas fontes Skaði é a filla do falecido Þjazi, e Skaði casa co deus Njörðr como parte da compensación recibida polo feito de que os deuses matasen ó seu pai Þjazi. Na saga Heimskringla cóntase como Skaði sepárase de Njörðr e cásase posteriormente co deus Odín, co que ten múltiples fillos. Tanto na Edda poética como na Edda prosaica Skaði descríbese como a responsable de colocar a serpe que verte veleno por riba do capturado Loki. Existen tamén referencias a Skaði baixo os nomes alternativos de Öndurguð ("deusa do esquí") e Öndurdís ("dama do esquí").

A etimoloxía do nome Skaði é incerta, pero segundo algúns estudosos podería estar conectada coa forma orixinal de Escandinavia. Algúns nomes de lugares en Escandinavia, particularmente en Suecia, fan referencia a Skaði. Varios estudosos teorizaron tamén sobre unha potencial conexión entre Skaði e o deus Ullr, así como unha relación particular co jötunn Loki. Skaði tamén inspirou diversas obras de arte e representacións, particularmente a finais do século XIX e comezos do século XX.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Skaði Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Allen, E.J.B. (2007). The Culture and Sport of Skiing: From Antiquity to World War II (en inglés). University of Massachusetts Press. ISBN 9781558496019. 
  • Byock, Jesse (1990). The Saga of the Volsungs: the Norse Epic of Sigurd the Dragon Slayer (en inglés). University of California Press. ISBN 978-0-520-23285-3. 
  • Byock, Jesse (2006). The Prose Edda (en inglés). Penguin Classics. ISBN 0140447555. 
  • Davidson, Hilda Ellis (1993). The Lost Beliefs of Northern Europe (en inglés). Routledge. ISBN 0-203-40850-0. 
  • Dumézil, Georges (1973). From Myth to Fiction: the Saga of Hadingus (en inglés). University of Chicago Press. ISBN 9780226169729. 
  • Faulkes, Anthony (1995). Edda (en inglés). Everyman. ISBN 0-460-87616-3. 
  • Hollander, Lee Milton (2007). Heimskringla: History of the Kings of Norway (en inglés). University of Texas Press. ISBN 978-0-292-73061-8. 
  • Larrington, Carolyne (1999). The Poetic Edda (en inglés). Oxford World's Classics. ISBN 0-19-283946-2. 
  • Lindow, John (2001). Norse Mythology: A Guide to the Gods, Heroes, Rituals, and Beliefs (en inglés). Oxford University Press. ISBN 0-19-515382-0. 
  • McKinnell, John (2005). Meeting the Other in Norse Myth and Legend (en inglés). D.S. Brewer. ISBN 1-84384-042-1.