Thomas J. Clarke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Thomas J. Clarke
Thomas Clarke the brave.jpg
Nacemento11 de marzo de 1857
 Illa de Wight
Falecemento3 de maio de 1916
 Dublín
Causaferida por arma de fogo
SoterradoArbour Hill Cemetery
NacionalidadeIrlanda
Ocupaciónrevolucionario e político
CónxuxeKathleen Clarke
editar datos en Wikidata ]

Thomas James Clarke ou Tomás Ó Cléirigh en irlandés (tamén coñecido como Tom Clarke), nado o 11 de marzo de 1857 e finado o 3 de maio de 1916, foi un líder revolucionario irlandés e quizais o máximo responsable do Alzamento de Pascua de 1916.

Biografía[editar | editar a fonte]

Thomas naceu na Illa de Wight, seu pai, James Clarke, era un sarxento do Exército Británico ao que trasladaron a Dungannon, Condado de Tyrone (Irlanda do Norte). Cando tiña 18 anos, Thomas uniuse á Irmandade Republicana Irlandesa (IRB), e en 1883 foi enviado a Londres para destruír a ponte de Londres como parte dunha campaña de bombardeos en Gran Bretaña defendida por Jeremiah O'Donovan Rossa, un dos líderes do IRB exiliado nos Estados Unidos. Clarke pronto foi capturado e condenado a 15 anos na prisión de Pentonville. Foi liberado en 1898 e casou con Kathleen Daly (21 anos máis xove que Thomas), sobriña de Jhon Daly, ao que Thomas coñecera na cadea. Pronto emigraron a América, onde Clarke traballou para o Clan na Gael dirixido por John Devoy. En 1907 regresou a Irlanda, establecéndose en Dublín, traballando para a renovación da dirección interna da IRB con membros máis novos como Bulmer Hobson e Denis McCullough. Clarke mantivo unha estreita amizade con Hobson e con Seán Mac Diarmada, que se converteron nos seus protexidos.

Os voluntarios irlandeses[editar | editar a fonte]

Cando se formaron os Voluntarios Irlandeses en 1913, Clarke sentiuse interesado na organización, mais non formou parte da mesma, xa que estivera encadeado e era un recoñecido nacionalista, feito que os tería desacreditado. Xunto a Mac Diarmada, Hobson e outros membros da IRB como Éamonn Ceannt, xogou un papel importante, se non total, no control, particularmente xunto a Patrick Pearse, por parte da IRB en 1913. Iso fíxolle chocar con outros políticos como John Redmond, líder do Parlamento Irlandés, que reclamaba un control equitativo dos Voluntarios, mentres que o sector máis duro era contrario. A proposta de Redmond foi aceptada, sobre todo polo soporte que recibiu de Hobson. Clarke nunca esqueceu este feito, que considerou como unha traizón.

Planeando a insurrección[editar | editar a fonte]

Logo de rompe politicamente con Hobson, Mac Diarmada e Clarke convertéronse en inseparables. Os dous eran secretario e tesoureiro respectivamente da IRB, aínda que o mando nominal o tiñan James Deakin, e máis tarde McCullough. En 1915, Clarke e Mac Diarmada dirixían o comité militar da IRB que planeou o Alzamento de Pascua. Os membros foron Pearse, Ceannt e Joseph Plunkett, aos que se engadiron posteriormente Clarke e Mac Diarmada. Cando o vello feniano Jeremiah O'Donovan Rossa finou en 1915, Clarke aproveitou o seu funeral e a oración de Patrick Pearse para mobilizar aos Voluntarios e crear expectativas dunha acción inmediata. Tras chegar a un acordo entre James Connolly e o Exército Cidadán Irlandés en xaneiro de 1916, Connolly tamén foi incluído no comité, e Thomas MacDonagh sumouse a última hora en abril. Estes sete homes foron os asinantes da Proclamación de Pascua, e Clarke foi o primeiro en asinar. Chegouse a dicir que Clarke era o presidente e o xefe, mais rexeitou calquera rango e honor militar, cedéndollo a Pearse, que era máis coñecido e respectado no ámbito do nacionalismo irlandés.

O Alzamento de Pascua[editar | editar a fonte]

Clarke mantívose nos cuarteis da Oficina Xeral de Correos en Dublín durante a semana do Alzamento, onde o comandante das forzas rebeldes estaba sobre Connelly. Trala rendición o 29 de abril, Clarke foi encerrado na prisión do Kilmainham, onde foi fusilado o 3 de maio á idade de 59 anos. Foi o segundo detido en ser executado, tras Patrick Pearse.

A súa viúva Kathleen foi elixida deputada no primeiro e segundo Dalá, e foi unha destacada adversaria do Tratado Angloirlandés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Max Caulfield (1965). The Easter Rebellion. Londres: New English Library. pp. 380p.
  • Robert Kee (2000). The Green Flag: a History of Irish Nationalism. Londres: Penguin . pp 877p. ISBN 0-14-029165-2 .
  • FSL Lyon(1973). Ireland since the famine (2nd rev. ed. ed.). Londres: Fontana. 880P pp. ISBN 0-00-633200-5 .
  • Charles Townshend (2005). Easter 1916: the Irish rebellion. Londres: Allen Lane . xxi, 442p. ISBN 0-7139-9690-0 .
  • Louis N Le Roux (1936). Life of Tom Clarke. Dublin: The Talbot Press Limited. pp. 125–35.
  • William O'Brien (1923). The Irish Revolution and How it Came About. Londres: George Allen & Unwin Limited. pp. 223–24.
  • Dorothy Macardle (1968). The Irish Republic. Londres: Corgi Books. px. 98. ISBN 552 07862 X.
  • Marnie Hay (2009). Bulmer Hobson and the Mationalist Movement in Twintieth-Century Ireland. Manchester: Manchester University Press. pp. 134–36. ISBN 978-0-7190-7987-0.