Pirámide (xeometría)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pirámide cuadrangular.

Unha pirámide é un poliedro, que está formado por un polígono (chamado base) e triángulos que teñen a súa base en cada lado poligonal; todos os triángulos teñen un vértice común chamado vértice da pirámide. Os triángulos chámanse caras laterais. O lado común a dúas caras laterais chámase aresta, do mesmo modo que calquera lado da base. O número total das arestas é duplo do número de lados da base. Estritamente, o poliedro ten vértices onde é o número de vértices da base.

Definición[editar | editar a fonte]

Chámase pirámide a un corpo xeométrico que é a unión de todos os segmentos que unen todos os puntos dun polígono S cun punto P exterior ao plano do polígono.

Considérase que o polígono é unha parte do plano e é un conxunto bidimensional.

Elementos[editar | editar a fonte]

  • Base é o polígono do que os puntos son os extremos dos segmentos que se unen co punto exterior.
  • Vértice da pirámide é o punto exterior ao plano da base.
  • Aresta lateral é o segmento que une cada vértice do polígono co vértice da figura do espazo.
  • Altura é o segmento perpendicular do vértice da pirámide ao plano da base. Tamén o é a súa medida.
  • Cada lado da base co vértice da pirámide ao unilos polos seus extremos determina unha rexión triangular, chamada cara lateral [1]
  • Apotema é un segmento perpendicular que vai do vértice da pirámide a un lado da base.

Tipos de pirámides[editar | editar a fonte]

Pirámide oblicua. Os vértices están marcados en laranxa e as arestas en vermello. A liña amarilla é unha diagonal da base.

Unha pirámide recta é un tipo de pirámide na que a proxección ortogonal do ápice sobre a base coincide co seu centroide.

Unha pirámide oblicua é unha pirámide que non é recta. Se a base dunha pirámide oblicua non é un polígono regular, é posible que todas as súas caras laterais sexan triángulos isósceles.

Unha pirámide regular é unha pirámide recta que ten como base un polígono regular. Neste tipo de pirámides cada cara lateral é un triángulo isóscele igual aos demais e a súa altura é o apotema da pirámide.

Unha pirámide convexa ten como base un polígono convexo.

Unha pirámide cóncava ten como base un polígono cóncavo.

Existen tres tipos de pirámides con caras que son triángulos equiláteros, con bases de 3, 4 e 5 lados respectivamente. Un tetraedro regular é unha pirámide na que todas as súas caras son triángulos equiláteros.

Área[editar | editar a fonte]

Área dun polígono regular

A liña vermella é un apotema deste octógono.

A área dun polígono regular pode calcularse en función da lonxitude de cada lado e o seu número de lados. Un polígono regular de n lados pode dividirse en n triángulos isósceles (equiláteros no caso do hexágono regular) con bases os lados do polígono regular. A altura de cada un destes triángulos é un apotema do polígono regular e divide cada un dos triángulos isósceles en dous triángulos rectángulos, dividindo así o polígono en 2n triángulos rectángulos.

A área do polígono regular (Ab) é igual á suma das áreas dos triángulos rectángulos (At):

Onde a é o apotema do polígono regular. Para calcular a lonxitude do apotema aplícase a trigonometría. Calcúlase entón o apotema a, onde α é o ángulo do vértice do triángulo rectángulo que coincide co centro do polígono regular:

Substituíndo o valor do apotema a na área do polígono regular (Ab) temos:

O valor do ángulo α resulta de dividir o () polo número de triángulos rectángulos (2n), entón .

(1)

Área lateral dunha pirámide[editar | editar a fonte]

A área lateral dunha pirámide é a suma das áreas das caras laterais.

Nunha pirámide regular, as caras laterais son triángulos isósceles. A área de cada cara é o semiproduto da súa base (que é igual ao lado da base da pirámide l ) pola súa altura (que é o apotema da pirámide ap ). A área lateral dunha pirámide regular resulta de multiplicar a área dunha das súas caras laterais polo número de caras laterais.

(2)

Onde ap é o apotema da pirámide e p é o perímetro da base.

Teorema de Pitágoras:
Altura da pirámide: h = a.
Apotema da base: ab = b.
Apotema da pirámide: ap = c.

O apotema da pirámide (ap) pode calcularse a partir do apotema da base (ab) e da altura da pirámide (h) aplicando o teorema de Pitágoras.

Área total dunha pirámide[editar | editar a fonte]

A área total da pirámide é a suma da área da base e a área lateral.

(3)

No caso dunha pirámide regular, substituíndo a área da base (1) e a área lateral (2) na ecuación (3), obtense:

Volume[editar | editar a fonte]

O volume dunha pirámide pode obterse mediante cálculo diferencial. A área dun plano de corte transversal é directamente proporcional á área da base (Ab) e ao cadrado da distancia do plano de corte respecto do vértice da pirámide. Esta distancia (d) é a diferenza entre a altura da pirámide (h) e altura do plano de corte (z).

Polo tanto, a área dun plano de corte transversal situado a unha altura z por riba da base é

O volume dunha pirámide pode calcularse coñecendo a área da súa base e a súa altura, independentemente da forma da base e da posición do ápice nun plano paralelo á base.

(4)

Esta fórmula tamén é válida para o cono, xa que non depende da forma da base, senón da súa área.

Volume dunha pirámide regular[editar | editar a fonte]

O volume dunha pirámide que ten de base un polígono regular pode calcularse a partir do lado do polígono regular que define a súa base e a altura da pirámide. Substituíndo a área da base Ab (1) na ecuación do volume da pirámide (4) obtense:

Como un polígono regular pode inscribirse, pode empregarse o raio r da circunferencia circunscrita, o ángulo α interior do polígono, a altura h e o número n de lados, e calcular, con estes datos, o volume segundo a seguinte fórmula:[2]

Centroide, centro de masas e centro de gravidade[editar | editar a fonte]

O centroide ou baricentro dun tetraedro regular está situado na súa altura. O punto onde se cortan as catro posibles alturas, atópase a unha distancia da base igual a

Coincide co centro de masas dun tetraedro regular de densidade uniforme. Tamén coincide co centro de gravidade dun tetraedro regular de densidade uniforme e campo gravitacional uniforme.

O centro de gravidade dunha pirámide de densidade e campo uniforme está situado a unha distancia da base igual a un cuarto da súa altura.[3]

Pirámide homotética de volume a metade[editar | editar a fonte]

Dada unha pirámide recta de altura h, a pirámide homotética que ten como volume a metade terá unha altura h':

Demostración

O plano paralelo á base, situado a esa distancia da cúspide, cortará a pirámide en dúas partes de igual volume. Buscamos a razón da homotecia: o coeficiente polo que temos que multiplicar os lados da base e a altura, para obter as dimensións da pirámide homotética con volume a metade do total.

Se o volume total da pirámide é:
A pirámide que ten como volume a metade, terá:
sendo x a razón da homotecia, o coeficiente de proporcionalidade.
Como
deducimos
simplificando
a razón da homotecia é 0,79370053 aproximadamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Londoño- Bedoya. Álgebra y/o geometría 4.ISBN 84-8276-412-8
  2. Jimmy García e outros. Resumen teórico Matemáticas e Ciencias. Fondo editorial Rodó Lima (2014)
  3. Vázquez, Manuel; López, Eloisa (1995), Mecánica para ingenieros, Editorial Noela, Madrid, ISBN 84-88012-03-9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]