Satanás
| Satanás | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Alcume
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Venerado por
| |||||||
|
Semellante a
Shayṭān
Helel (en) Red Dragon of the Apocalypse (en) Prince of Darkness (en) Woland (pt) Marid (en) Ifrit (pt) ghoul (pt) Um as-Sibyan (en) Ha-Satan (en) Diabo no Cristianismo (pt) serpe na Biblia Iblis (pt) Ezekiel's cherub in Eden (en) diabo Lucifer Arimã (pt) Beliel (pt) Prince of Darkness (en) | |||||||
| Obra | |||||||
|
Presente na obra
| |||||||
|
Interpretado por
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Sexo
| |||||||
|
Inimigo/a
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Satanás[1] ou Satán é o termo polo que as relixións abrahámicas designan unha entidade suprasensible que representa a encarnación suprema do Mal.
O termo procede do latín satāna, e este á súa vez do arameo שטנא shatán 'adversario', 'inimigo', 'acusador'; árabe شيطان shaitan, co significado de 'descarreirado', 'distante', ou ás veces 'diaño'.
Condición de existencia
[editar | editar a fonte]Despois de varias comparacións no que se refire ás traducións sobre a orixe das palabras Satanás e Diabo, actualmente é consensual entre relixiosos o seu significado: 'acusador' ou 'calumniador' para Diabo; e 'opositor' ou 'adversario' para Satanás. Inda hai diverxencias sobre a súa literal existencia; algúns sinxelamente ignórana, outros fan demostracións lóxicas da súa existencia dentro dos parámetros bíblicos, partindo do feito de que a Biblia o menciona coma un ser espiritual, un "anxo de luz" que se tornou un rebelde ao oporse ao Creador. A Apocalipse 12:07 presenta a Satanás coma un líder dunha rebelión; no versículo seguinte, denótase a necesidade de que haxa represalias para que tal rebelde sexa expulsado do seu lugar de orixe; no versículo 9, é evidenciado que o rebelde xunto cos seus compañeiros son vencidos e lanzados ao noso planeta. Na Apocalipse 12:12, é mostrada a alegría do ceo (plano espiritual onde vivía Satanás), e a tristura para seres humanos influenciados por el na Terra (onde actúa intensamente Satanás).
Satanismo espiritual
[editar | editar a fonte]No satanismo espiritual, Satán non é visto coma un ser maligno e mentireiro de ollos vermellos flamexantes ou con cornos. El é o deus sumerio, coñecido como Enki, cuxo significado é 'Señor da Terra'.
Interpretacións
[editar | editar a fonte]A maioría dos cristiáns consideran que todas as ocorrencias de Satanás na Biblia son literais.
Moitos xudeus e algúns cristiáns consideran que Satanás é unha alegoría. Os estudosos identifican a Satanás en Zacarías cos acontecementos políticos no tempo de Nehemías. Os autenticistas[2] e christadelphians[3][4] entenden que o propio Cristo tería contado as súas tentacións, en forma de parábola.
Ao longo das obras The Theosophical Glossary e The Secret Doctrine de Helena Blavatsky ofrécense diversas interpretacións sobre a figura de Satanás.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Satánico.
- ↑ Autenticismo na Web - Estudo analítico sobre Anjos e Demônios Arquivado 24 de xuño de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ Whittaker Studies in the Gospelshttp://christadelphianbooks.org/haw/sitg/index.html Arquivado 06 de novembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Watkins The devil the great deceiver
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |