Europa continental

A Europa continental, tamén chamada continente europeo, é o continente de Europa, explicitamente excluíndo as illas europeas, e, ás veces, as penínsulas.[1] Notabelmente, no uso do inglés británico, o termo significa: a Europa excluíndo o Reino Unido, a Illa de Man, Irlanda e Islandia. Unha definición xeral de "Europa continental" é o continente europeo excluíndo o Reino Unido, Irlanda e Islandia. Porén, noutras rexións de Europa prevalecen ideas distintas sobre o que realmente significa a expresión.
Algunhas definicións de Europa continental expanden as fronteiras do continente para os seus límites xeográficos, incluíndo as nacións que están dentro das elevadas fronteiras dos Urais e do Cáucaso.
O que pode parecer ser unha simple cuestión de definición xeográfica, porén, ten profundas implicacións sociais e políticas. Algunhas definicións de Europa continental inclúen as nacións transcaucasianas da Xeorxia e Armenia - que son predominantemente cristiás - mentres que exclúen ao mesmo tempo as nacións predominantemente musulmás como Azerbaidján e Turquía.[2]
Illas mediterráneas
[editar | editar a fonte]No contexto do Mediterráneo, "o continente" pode referirse á parte continental de Italia (en oposición a Sardeña e Sicilia) ou a parte continental da Francia (en oposición a Córsega).
Illas atlánticas
[editar | editar a fonte]No contexto do Atlántico, "o continente" pode referirse á parte continental de Portugal (en oposición a Madeira e os Azores).
- Reino Unido (Gran Bretaña e Irlanda do Norte)
- Irlanda (Eire)
- Islandia
- A illa de Malta
- A illa de Chipre
- Illas Feroe (pertencentes a Dinamarca)
- Illas Baleares (pertencentes a España)
- Córsega (pertencente a Francia)
- Sardeña (pertencente a Italia)
- Sicilia (pertencente a Italia)
- Creta (pertencente a Grecia)
- Bornholm (pertencente a Dinamarca)
- Fionia (pertencente a Dinamarca)
- Selandia (pertencente a Dinamarca)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Merriam Webster dictionary definition".
- ↑ "Where Do Europe's Borders Lie?". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 05 de xuño de 2018.