Leinster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leinster
Cúige Laighean
Bandeira de Leinster
Bandeira de Leinster
Bandeira
Estado Irlanda
Cidade máis poboadaDublín
Lingua oficialIrlandés e inglés
Forma de gobernoProvincia de Irlanda
SuperficiePosto 3º
 • Total19.774,23 km²
PoboaciónPosto 1º
 • Total2 292 939 hab.
 • Densidade115,96 hab./km²
Fuso horarioWET (UTC)
Dominio de Internet.ie
Código ISOIE-L

Leinster (en inglés) ou Laighin (en irlandés) é unha das catro provincias tradicionais de Irlanda, situada no leste da illa e constituída polos condados de Carlow, Dublín, Kildare, Kilkenny, Laois, Longford, Louth, Meath, Offaly, Westmeath, Wexford e Wicklow. Leinster é a máis poboada das catro provincias de Irlanda. A bandeira tradicional de Leinster amosa unha arpa dourada sobre fondo verde escuro.

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa do Leinster de 1774 por Hogg.

En épocas antigas Leinster foi ocupado por cinco tribos importantes do Fir-Bolg, das cales a tribo de Laigin levantouse, dándolle o nome actual á provincia. Cómpre destacar que a parte final do actual nome deriva do irlandés tír ou do antigo nórdico staðr, que ambos poden traducir como "terra" ou "territorio".

As tribos de Leinster foron unidas por Úgaine Mor Hugony O Grande, que construíu a fortaleza de Ailinne Knochawlin, preto de Kilcullen no actual condado de Kildare. Este home foi probablemente ademais, aínda que non se sabe con certeza, o primeiro rei histórico da provincia no século VII a. C.

Nos séculos IV e V d.C, despois de que Magnus Maximus saíse de Gran Bretaña coas súas lexións, os colonos do Leinster viaxaron até o País de Gales, concretamente a Anglesey, Carnarvonshire e a Denbighshire, deixando o seu nome á península de Lleyn, que efectivamente deriva de Laigin.

Xa no século VIII o Leinster ficou dividido en dúas dinastías: a dinastía do Norte de Leinster con Murchad mac Brain (dende o 727), rei de Uí Dúnlainge e a Dinastía do Sur de Leinster con Áed mac Colggen (dende 738), rei de Uí Cheinnselaig. Desta última dinastía foron os últimos reis de Leinster.

Fronteiras de Leinster[editar | editar a fonte]

Hoxe en día, a provincia está composta por doce condados, que abarcan a antiga provincia de Mide, ademais do Condado de Longford e as parroquias de Annally e Lusmagh do condado de Offaly, antes de Connacht, e o Condado de Louth, antes do Ulster. As fronteiras vólvese a debuxar por Cromwell para a administración por razóns militares. Os últimos cambios nas fronteiras máis importantes tiveron lugar coa formación do Condado de Wicklow (1603-1606).

Máis tarde, foron feitos cambios de menor importancia refería ás "illas" dun condado noutro.

Cidades[editar | editar a fonte]

  • A única cidade oficial, e a máis grande, é Dublín, capital de Irlanda. Cunha poboación de 1 661 185 habitantes (2006) contando a súa máxima extensión: a Greater Dublin Area. Dentro desta área metropolitana destacan as cidades de Tallaght, Blanchardstown, Clondalkin e Lucan.
  • A cidade de Kilkenny e arredores ten tamén unha poboación destacable, con 21.886 habitantes (2006), mais usualmente non é considerada unha cidade, a pesar de ter o título durante os últimos 400 anos.

Cidades máis importantes[editar | editar a fonte]

Temple Bar, en Dublín
Castelo de Kilkenny

As seguintes son as cidades máis importantes da provincia ordenadas polo tamaño da súa poboación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]