Sceilg Mhichíl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sceilg Mhichíl
Sceilg Mhichíl
Vista da illa
Situación
PaísIrlanda Irlanda
CondadoCondado de Kerry
ProvinciaMunster
ArquipélagoIllas Skellig
MarOcéano Atlántico
Coordenadas51°46′18.984″N 10°32′18.996″O / 51.77194000, -10.53861000Coordenadas: 51°46′18.984″N 10°32′18.996″O / 51.77194000, -10.53861000
Xeografía
Superficie0´219 km²
Longura máxima842 m.
Largura máxima422 m.
Punto máis alto218 m. Pico Sur
Demografía
Capital(Mosteiro de Skellig) (histórico)
PoboaciónDeshabitada

Sceilg Mhichíl, tamén coñecida como Skellig Michael en inglés, é unha illa rochosa despoboada que se atopa a 11,6 km ao oeste da península de Iveragh, no condado irlandés de Kerry[1]. É a meirande das dúas illas Na Scealaga (a outra é Sceilg Beag). Sceilg Mhichíl significa "Rocha de (San) Miguel" en lingua irlandesa. O seu punto máis alto atópase a 218 msnm e ten unha superficie de 22 ha[2]. Arredor do século VII estabeleceuse un mosteiro cristián na illa e permaneceu ocupado até finais do século XII cando foi abandonado. Os restos do mosteiro así como a illa foron declarados Patrimonio da Humanidade en 1996 pola UNESCO.

Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

Sceilg Mhichíl
Vista de Sceilg Mhichíl
Sceilg Mhichíl en Irlanda
Sceilg Mhichíl
Sceilg Mhichíl
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísIrlanda Irlanda
Localización51°46′18.984″N 10°32′18.996″O / 51.77194000, -10.53861000
TipoCultural
CriteriosIII, Iv
Inscrición1996 (20ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador757

En 1996, o complexo monástico da illa foi incluído na listaxe de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO baseándose en criterios culturais:

...o sitio posúe un valor universal por tratarse dun excepcional, e en moitos aspectos único, exemplo dun asentamento relixioso temperá deliberadamente situado sobre unha rocha piramidal no océano, preservado grazas á súa salientábel contorna natural. Ilustra, como en ningures, os extermos dun monasticismo cristián moi característico do norte de África, Oriente Próximo e Europa.
UNESCO

Fauna[editar | editar a fonte]

Xunto coa súa irmá máis nova, Sceilg Beag, Sceilg Mhichíl é unha importante reserva natural. As dúas illas acollen importantes colonias de aves mariñas como mascatos, fulmarus, garruchos, araos romeiros, araos dos cons e araos papagaios. O paíño europeo e a pardela furabuchos tamén aniñan en gran número.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. whc.unesco.org (ed.). "Sceilg Mhichíl". Consultado o 12 de marzo de 2016. 
  2. Edward Bourke, Alan R. Hayden, Ann Lynch (2011). Department of Arts, Heritage and the Gaeltacht, ed. Skellig Michael, Co. Kerry: The Monastery and South Peak - Archaeological stratigraphic report: excavations 1986–2010 (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de outubro de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]