Os Voluntarios irlandeses foron creados en 1913 por Edward Carson e James Craig como resposta á creación por parte dos unionistas protestantes da Forza de Voluntarios do Ulster no nordeste da Illa. Os "Voluntarios do Ulster" foron creados polos protestantes co obxectivo de impediren a aprobación da lei de autogoberno para Irlanda. Os católicos viron este feito como un xeito de presión ao goberno británico na dirección oposta aos seus intereses. Para contrarrestalo, Eoin MacNeill publicou un artigo titulado The North Began defendendo a creación dunha forza nacionalista irlandesa. Michael Joseph O'Rahilly, máis coñecido como The O'Rahilly, animou a MacNeill a continuar con este proxecto, e o 11 de novembro dese mesmo ano nunha reunión no hotel Wynn's de Dublín, dez nacionalistas entre os que se encontraban Patrick Pearse, Éamonn Ceannt e Sean MacDermott, planificaron a formación dos Voluntarios.