Os británicos ameazaron á delegación irlandesa coa guerra total se non o aceptaban, e Collins máis que ninguén era consciente de que o IRA non estaba preparado para gañar esta guerra. De feito, a oposición ao tratado non era tanto pola partición (que consideraban como inviable a longo prazo) senón polo feito de xurar lealdade ao rei inglés.
Os delegados irlandeses sometéronse finalmente ás presións británicas:
Xuramento á coroa británica
Formación dunha Comisión Fronteiriza que decidise como se partiría o país.
O tratado foi asinado o 5 de decembro de 1921. O 7 de xaneiro do 1922 presentaron o proxecto ao Dáil Eireann, que o aceptou despois dunha axitada votación por 64 a favor e 57 en contra. De Valera, que estaba en contra, dimitiu e foi substituído por Arthur Griffith.
As profundas divisións entre os partidarios e contrarios ao tratado provocaron a Guerra Civil Irlandesa (xuño de 1922 - abril de 1923).