Condado de Clare

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
County Clare
Contae an Chláir
Bandeira Escudo
Mapa
Información
País República de Irlanda
Provincia Munster
Capital Ennis
Superficie 3.147 km2
Poboación 126.810 (2006)
ISO 3166-2 CE
clare.ie

O condado de Clare (en gaélico irlandés an Chláir) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda). A capital é Ennis, e o condado é parte da bacía do río Shannon, contendo o aeroporto de Shannon. Na súa costa atópanse os cantís de Moher, uns dos máis altos de Europa.

Os condados veciños de Clare son Galway polo norte, Tipperary polo leste, Limerick polo sur, Kerry polo suroeste, e ao oeste e ao norte limita co Océano Atlántico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]