Connacht
| Cúige Chonnacht (ga) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Irlanda | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 589.338 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 17.788 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | IE-C | ||||
Connacht (en inglés) ou Connachta (en irlandés), "(terra dos) descendentes de Conn", é a provincia occidental de Irlanda, que comprende os condados de Galway, Leitrim, Mayo, Roscommon e Sligo. En irlandés á provincia chámaselle a miúdo Cúige Chonnacht. Os seus centros urbanos principais son Galway no sur, e Sligo no norte. Ten unha poboación de 503.083 habitantes, a máis pequena das catro provincias irlandesas.
O irlandés fálase nas áreas Gaeltacht do oeste de Mhaigh Eo e o oeste de Gaillimhe, sendo a máis grande Connemara.
O pico máis alto é o Mweelrea (814 metros), en Mhaigh Eo. A súa illa máis grande é Achill, a máis grande de Irlanda. O lago máis grande é Lough Corrib.
A República de Connaught tivo unha breve existencia en 1798 co apoio militar de Francia.
A cidade máis grande de Connacht é Galway, cunha poboación de 71.983 habitantes (2006).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Duque de Connaught e Strathearn.
- Reinos da antiga Irlanda.
- Reis de Connacht.
- Connacht Rugby.
- Provincias de Irlanda.
- Medb (Medhbh, Maeve), Raíña de Connacht.

