Vélez-Málaga
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Andalucía | |||
| Provincia | Provincia de Málaga | |||
| Capital de | ||||
| Capital | Vélez-Málaga | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 86.048 (2025) | |||
| Lingua oficial | lingua castelá | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 158 km² | |||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
| Altitude | 60 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Santo padrón | Sebastián e Nosa Señora dos Remedios | |||
| Organización política | ||||
| • Alcalde | Antonio Moreno Ferrer (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 29700 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 29094 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | velezmalaga.es | |||
Vélez-Málaga é un municipio da provincia de Málaga, na comunidade autónoma de Andalucía, España. É a capital da comarca da Axarquía, a sede da Mancomunidade de Municipios Costa do Sol-Axarquía e a cabeza do partido xudicial que leva o seu nome. Goza do título de cidade desde o ano 1487.
Con 78 890 habitantes segundo o censo de 2016 (INE), Vélez-Málaga é o terceiro municipio da provincia en canto a poboación. Esta atópase dispersa en varios núcleos urbanos, numerosas urbanizacións costeiras e casaríos no interior. O seu termo municipal abarca unha superficie de 158 km² que se estenden pola veiga do río Vélez e as montañas circundantes, abríndose cara ao Mediterráneo polo sur.
O nome de Vélez-Málaga aparece no Quixote da Mancha: ¡Grazas sexan dadas a Deus, señores, que a tan boa parte conduciunos!, porque, se eu non me engano, a terra que pisamos é a de Vélez Málaga.
