Andalucita
Andalucita | |
---|---|
![]() Andalucita | |
Fórmula química | Al2SiO5 |
Clase | Silicatos |
Subclase | Nesosilicatos |
Sistema cristalino | Rómbico |
Cor | Agrisada, marrón, verde, rosa, violeta e vermella |
Brillo | De vítreo a terroso |
Dureza | 7,5 |
Fractura | Desigual |
Exfoliación | Moi imperfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 3,17 g/cm3 |
A andalucita[1] é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Al2SiO5 e que presenta moi variada coloración.
Aspecto[editar | editar a fonte]
De moi variada coloración, rara vez aparece na súa forma cristalina aínda que pode aparecer, de cando en vez, en forma de prismas de catro caras.
Lugares onde se atopa[editar | editar a fonte]
A andalucita é un mineral que crece en zonas de forte presión e temperatura. Faino en rochas de tipo metamórfico como os xistos. Os minerais cianita e silimanita, polimorfos da andalucita, fórmanse baixo unhas condicións de presión e temperatura diferentes. Polo tanto, e difícil que os poidamos atopar xuntos nunha mesma rocha. É por iso polo que os tres minerais son unha ferramenta valiosa para identificar as condicións de presión e temperatura da rocha nai nas que se atopan.
Atópanse exemplares de andalucita en xisto en Lariño (A Coruña) e tamén en Boal, Asturias[2].
Usos da andalucita[editar | editar a fonte]
A andalucita é empregada para a fabricación de refractarios, materiais coa capacidade de soportar altas temperaturas.
Outros silicatos[editar | editar a fonte]
O cuarzo, a olivina, o feldespato e a mica son outros silicatos importantes.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "andalucita". TERGAL. Consultado o 01/07/2022.
- ↑ Manuel Gutiérrez Claverol e Carlos Luque Cabal Recursos del subsuelo de Asturias. Servicio de Publicaciones Universidad de Oviedo, 1994, páxina 269