Partido Socialista Galego-Esquerda Galega
Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) | |
---|---|
Partido político de Galiza | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Camilo Nogueira |
Historia | |
Fundación | 1984 |
Disolución | 1996 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Socialismo democrático Federalismo Nacionalismo galego Socialdemocracia Ecoloxismo Pacifismo |
O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Celebrou o seu Congreso Constituínte o 24 de xuño de 1984 da fusión de Esquerda Galega e o Partido Socialista Galego, logo dun período de conversas que durou un ano. O seu principal dirixente foi Camilo Nogueira.
En 1993 formou con sectores galeguistas de centro unha nova Unidade Galega, e nas eleccións xerais e autonómicas de 1993 concorreu na coalición UG-EU, diante o fracaso electoral unha parte da organización confluíu con EU formando Esquerda Unida-Esquerda Galega e a outra integrouse no BNG como Unidade Galega. Ese mesmo ano o partido tiña un total de 1130 militantes en 67 agrupacións locais, a máis numerosa era a de Vigo con 160 militantes[1].
Resultados electorais
[editar | editar a fonte]Eleccións | Votos | % | Deputados/concelleiros | Alcaldes |
---|---|---|---|---|
Eleccións municipais de 1983 en Galicia[a] | 28.995 | 2,21% | 48 / 4.033 |
2 / 312 |
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985 | 71.599 | 5,71% | 3 / 71 |
- |
Eleccións xerais de 1986 | 45.574 | 3,57% | 0 / 350 |
- |
Eleccións municipais de 1987 en Galicia | 57.062 | 4,25% | 60 / 4.040 |
1 / 312 |
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 | 50.047 | 3,79% | 2 / 75 |
- |
Eleccións xerais de 1989 | 34,.131 | 2,59% | 0 / 350 |
- |
Eleccións municipais de 1991 en Galicia | 39.116 | 2,83% | 48 / 4.033 |
1 / 313 |
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993[b] | 44.902 | 3,09% | 0 / 75 |
- |
Eleccións xerais de 1993[c] | 74.605 | 4,75% | 0 / 350 |
- |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ No momento da celebración destas eleccións o partido aínda non existíia. Os resultados son a suma dos obtidos polo Partido Socialista Galego, Esquerda Galega e a Agrupación Nacionalista Galega de Narón (que se uniu ao partido en 1985). Coa fundación do PSG-EG todos estes concelleiros pasaron a formar parte da nova organización.
- ↑ Na coalición Unidade Galega-Esquerda Unida.
- ↑ Na coalición Unidade Galega-Esquerda Unida.
- Referencias
- ↑ Beramendi, J. G., & Seixas, X. M. N. (1996). O nacionalismo galego. Edicions A Nosa Terra, Promocions Culturais Galegas, SA.