Agrupación Nacionalista Galega de Narón
Aparencia
Agrupación Nacionalista Galega de Narón | |
---|---|
Tipo | partido político |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Agrupación Nacionalista Galega de Narón foi unha agrupación electoral de carácter municipalista, independente, nacionalista e de esquerdas.
Historia
[editar | editar a fonte]Formouse en Narón (provincia da Coruña) para dar continuidade á coalición Unidade Galega, que acadara neste concello a alcaldía nas eleccións municipais de 1979. Nas eleccións de maio de 1983 obtén 6 concelleiros que sumados ós 5 do PSOE volven dar a alcaldía a Antonio Martínez Aneiros, alcalde na etapa anterior.
En 1985, a ANGN intégrase no PSG-EG. Como consecuencia desta integración Antonio Martínez Aneiros resulta escollido deputado nas eleccións ao parlamento de galicia de 1985, pasando a ocupar o seu posto como alcalde Xoán Gato Díaz.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Salgado (2016-10-29). "Martínez Aneiros, primer alcalde democrático de Narón, tendrá una calle en O Val". Ferrol360 (en castelán). Consultado o 2020-06-20.
- ↑ "Las alianzas de izquierdas dirigieron el gobierno local de Narón desde 1979". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-04-19. Consultado o 2020-06-20.