Saltar ao contido

Penedès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Penedès
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Contén división administrativa
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Superficie
   1.940,5 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF235657300 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02pj7wk Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX451935
Wikidata C:Commons
     Penedès

O Penedès é un territorio histórico da comunidade autónoma de Cataluña, que forma parte das provincias de Barcelona e Tarragona. Na división comarcal de 1936 quedou subdividido nas comarcas catalás do Alt Penedès, o Garraf (tamén chamada Penedès Marítim ou Marina del Penedès) e o Baix Penedès.

O territorio deu lugar a unha denominación de orixe homónima que inclúe tamén municipios doutras comarcas.

É tamén un dos oito ámbitos funcionais territoriais (AFT) definidos no Plan territorial xeral de Cataluña, para un hipotético desenvolvemento da Comunidade Autónoma en vigairías. Está formado polas comarcas do Alt Penedès, Baix Penedès, Garraf e a maior parte da de Anoia.[1]

  1. anoiadiari.cat, ed. (19 de xaneiro de 2010). "Sete municipios anoiencos reivindican a Alta Segarra". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2010. Consultado o 24 de novembro de 2010.