Mar de Andamán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar de Andamán
Vista de satélite do mar de Andamán.

Vista de satélite do mar de Andamán.
Localización administrativa
País India India
Flag of Myanmar.svg Myanmar
Flag of Thailand.svg Tailandia
Flag of Indonesia.svg Indonesia
División Illas Andaman e Nicobar (IND)
Divisións de Ayeyarwady, Yangon e Tanintharyi, e Estado de Mon (BIR)
Rexión de Tailandia do Sur (TAI)
Provincia de Aceh (Sumatra) (IDN)
Localización xeográfica
Mar (océano) Océano Índico
Continente Asia
Illa(s) Illas Andaman e Nicobar e Sumatra
Xeografia
Mares contiguos Golfo de Bengala e mar da China Meridional
Superficie 797.700 km²
Lonxitude màxima 1.200 km (N-S)
Anchura màxima 650 km (E-O)
Profundidade màxima 3.777 m
Profundidade media 870 m
Mapa
Localización do mar de Andamán

Localización do mar de Andamán
Mapa do mar de Andamán
Mapa do mar de Andamán
LocationAndamanSea.png

O mar de Andamán (en birmano မုတ္တမ Mottama, en tailandés ทะเลอันดามัน Thale Andaman, en malaio e indonesio Laut Andaman); tamén chamado mar de Birmania, é un sector do océano Índico situado ao sueste do golfo de Bengala, ao sur de Birmania, ao oeste de Tailandia e ao leste das Illas Andamán, das que toma o seu nome. Ten uns 1.200 km de norte a sur e 650 km de leste a oeste, formando unha área de 797.700 km². A súa profundidade media é de 870 metros e a máxima chega aos 3.777 metros. O principal río que desemboca nas súas augas é o Irawady.

No seu extremo sueste, o mar de Andamán comunícase co mar de China Meridional a través do estreito de Malaca, que separa a illa de Sumatra da península Malaia.

Placas tectónicas[editar | editar a fonte]

Mapa tectónico do mar de Andamán.

No fondo oceánico do mar de Andamán corre de sur a norte o límite de dúas placas tectónicas: a placa de Birmania e a placa de Sunda. Estas microplacas crese que anteriormente formaban parte da gran placa Euroasiática, e que apareceron co constante choque da placa de India.

Como resultado, o fondo mariño. no seu centro, esténdese formando unha cunca marxinal que comezou a súa formación fai 3 ou 4 millóns de anos.

Actividade volcánica[editar | editar a fonte]

Ao leste da principal illa do arquipélago, Gran Andamán, atópase a illa Barren, que ten un volcán activo (o único volcán activo de todo o subcontinente indio). Esta actividade volcánica está provocada pola subdución da Placa India no arco formado polas illas Andamán, o que forza ao magma a emerxer na Placa de Birmania. A illa volcánica de Narcondam tamén foi formada por este proceso, pero non ten actividade eruptiva recente.

Delimitación da IHO[editar | editar a fonte]

A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Andamán («Andaman» ou «Burma Sea» (Mar de Birmania)) como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, «Limits of oceans and seas» (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 44 e defíne os seus límites do seguinte xeito:

No suroeste.
Unha liña que vai de Oedjong Raja (5º32'N, 95°12'E) en Sumatra, a Poeloe Bras (Breueh) e a través das illas occidentais do grupo Nicobar até punta Sandy na illa Pequena Andaman, de tal maneira que todas as augas dos estreitos pertencen ao mar de Birmania.
No noroeste.
O límite oriental da baía de Bengala (43).
No sueste.
Unha liña que une Voalan Lem (7º47'N) en Siam, e Pedropunt, (5º40'N) en Sumatra.
Limits of oceans and seas, páx. 21 e 22.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A versión orixinal en inglés está dispoñible en liña no sitio oficial da «International Hydrographic Organization» en: http://www.iho-ohi.net/iho_pubs/standard/S-23/S23_1953.pdf. Consultado o 10 de xullo de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Andamán Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]