Mar da Liguria
Tipo | mar marxinal | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Mediterráneo occidental | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Profundidade | 2.569 m | |||
Atravesa | Francia, Italia e Mónaco | |||
O mar da Liguria[1] (en italiano Mar Ligure e en francés Mer Ligure) é unha parte do mar Mediterráneo centro-setentrional, que baña costas de Italia, Francia e Mónaco. Limita no occidente cunha liña imaxinaria que parte do cabo Ferrat, en Francia, até Punta di Revellata, preto de Calvi na Córsega setentrional, mentres o límite oriental localízase entre cabo Corso, en Córsega, e o promontorio de Piombino, na provincia de Livorno (na Italia peninsular).
O mar da Liguria baña as costas da Liguria e de parte da Toscana, parte do departamento francés dos Alpes Marítimos e tamén o Principado de Mónaco, así como as illas de Capraia e Gorgona e parte da costa setentrional de Córsega. Todo o Golfo de Xénova forma parte do mar da Liguria.
O mar recibe polo leste as augas do río Arno e de moitos outros de orixe apenina, como o río Serchio e o río Magra. A costa noroccidental da Península Itálica, bañada polo mar da Liguria, é recoñecida pola súa beleza paisaxística e a bondade do seu clima. Ao longo da súa costa, encóntranse importantes centros portuarios, entre os que cabe destacar o máis importante de todos: o porto de Xénova. Outros portos relevantes son os de Savona, La Spezia, Carrara, Viareggio e Livorno.
O mar da Liguria acada unha profundidade máxima de máis de 2.850 m ao noroeste de Córsega.
Extensión
[editar | editar a fonte]A Organización Hidrográfica Internacional define os límites do mar da Liguria como segue:[2]
No suroeste. Unha liña que se une a Cabo Corso (Cape Grosso, 9° 23'E) o punto norte de Córsega á fronteira entre Francia e Italia (7° 31'E).
No sueste. Unha liña que une o Cabo de Córso coa illa Tinetto (44°01′N 9°51′L / 44.017, -9.850) e desde alí as illas Tino e Palmaria ata San Pietro Point (44°03′N 9°50′L / 44.050, -9.833) na costa de Italia.
No norte A costa da Liguria de Italia.
Imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar da Liguria |
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lígur.
- ↑ "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2010.