Guateque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGuateque
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 5°00′21″N 73°28′23″O / 5.0058, -73.4731Coordenadas: 5°00′21″N 73°28′23″O / 5.0058, -73.4731
EstadoColombia
DepartamentosBoyacá
ProvinciaProvincia do Oriente Editar o valor em Wikidata
Capital de
Xeografía
Superficie36,04 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.815 m Editar o valor em Wikidata
Creación28 de xaneiro de 1636 Editar o valor em Wikidata

Páxina webguateque-boyaca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Guateque é un concello colombiano, capital da Provincia do Oriente no suroeste do departamento de Boyacá, 125 quilómetros ao sur de Tunja, capital departamental, e a 112 km ó leste de Bogotá. Limita cos concellos de La Capilla, Tenza, Sutatenza, Somondoco e Guayatá, así como cos concellos cundinamarqueses de Tibirita e Manta.

O personaxe máis recoñecido que deu Guateque, foi o expresidente da República Enrique Olaya Herrera, quen gobernou o país entre 1930 e 1934.

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 1537 o Capitán Pedro Fernández de Valenzuela, comisionado por Quesada para atopar os filóns esmeraldíferos de Somondoco, é enviado á rexión e descobre un conxunto de ladeiras que se entrelazan nunha topografía bañada polos ríos Somondoco, Machetá e Súnuba, lindando con Cundinamarca Coa chegada de Gonzalo Jiménez de Quesada á rexión o 24 de xuño de 1537, á poboación indíxena de Tenzuca nomeouna San Juan. Posteriormente os españois denominárona Tenza, en descomposición da palabra Tenzuca que era a capital indíxena da rexión, gobernada polo cacique Runi, tributario de Hunza.

Na zona de Tenzuca a colonia construíu un conxunto de centros urbanos que hoxe se coñecen cos nomes de Guateque, Tenza, Garagoa, Somondoco, Guayatá, Sutatenza, Almeida, Macanal e Pachavita, conformando o chamado Val de Tenza.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]