Iago Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Iago Martínez
Nacemento1979
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Iago Martínez Durán, nado en Vigo en 1979, é un xornalista e crítico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa faceta de xornalista traballou ou segue traballando no Miñor, Atlántico Diario, na redacción viguesa do diario gratuíto 20 minutos, en Tempos Novos, no suplemento cultural Nós e mais no suplemento de libros ProTexta. Coordinou o suplemento cultural de Xornal de Galicia, onde tamén se ocupou de información política, ás veces como columnista.

É coguionista e codirector da longametraxe documental sobre o poeta Lois Pereiro, en fase de montaxe, e colaborador da revista musical Rockdelux.

Por outra banda, está ligado á plataforma civil a prol da lingua galega ProLingua e é o responsable da canle de televisión dixital Galiza Ano Cero. Dirixe a revista Luzes, creada por Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas.

Obra[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É sobriño do actor Antonio Durán, Morris.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]