Benestar social
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Enténdese por benestar social o conxunto de factores que participan na calidade da vida da persoa e que fan que a súa existencia posúa todos aqueles elementos que dean lugar á tranquilidade e satisfacción humana. O benestar social é unha condición non observable directamente, senón que á a partir de formulacións como se comprende e se pode comparar dun tempo ou espazo a outro. Aínda así, o benestar, como concepto abstracto que é, posúe unha importante carga de subxectividade propia ó individuo, aínda que tamén aparece correlacionado con algúns factores económicos obxectivos.
Benestar económico
[editar | editar a fonte]A medida do benestar económico foi obxecto de intenso debate debido á dificultade de definir que debe entenderse por benestar. Convencionalmente optouse por tomar, como medida do benestar, a cantidade de bens materiais e servizos útiles producidos por un país, dividido entre o número dos seus habitantes (o que se coñece co nome de PIB per cápita) ou algunha medida directamente relacionada con esta. Aínda así, existen outras medidas alternativas que se discuten máis adiante.
Para rendas nacionais baixas a Renda per cápita é moito mellor indicador do benestar social. Unha das razóns é que a esperanza de vida está positivamente correlacionada co PIB per cápita cando este se sitúa entre 0 e $4000 dólares, pero a partir de $10000 dólares apenas existe correlación entre ambos, por exemplo. Outros factores que contribúen ó nivel de vida material dunha poboación son:
- O desemprego, en particular o desemprego ou subemprego crónico está asociado á marxinalidade, a pobreza e certo tipo de disfuncións sociais.
- A distribución da renda, considérase que beneficia á sociedade unha renda que estea distribuída de maneira máis uniforme entre os membros dun país, a que esta presente fortes contrastes entre ricos e pobres.
PIB per cápita
[editar | editar a fonte]O PIB per cápita é a cantidade de bens e servizos útiles dispoñibles para unha persoa dentro dun país, medido a prezos de mercado. Os tres factores que máis contribúen ó incremento do PIB per cápita son:
- A produtividade, medida normalmente polo valor monetario da cantidade de bens e servizos que produce un traballador/a nunha hora.
- O ratio de empregados por poboación ou porcentaxe da poboación total que ten un traballo remunerado.
- O número de horas traballadas por cada empregado/a ó ano.
Debido ás fortes críticas que sufriu o PIB per cápita como índicador do benestar social, outros indicadores ou medidas do benestar social foron creadas. Son un exemplo:
Índice de Desenvolvemento Humano (IDH)
[editar | editar a fonte]O IDH é un índice estatístico que intenta medir o benestar social a partir de tres elementos:
- a esperanza de vida ó nacer (como medida dunha vida longa e saudable).
- a taxa de alfabetización de adultos e a taxa bruta combinada de matriculación en educación primaria, secundaria e terciaria (como medida do nivel educativo dun país).
- o PIB per cápita (como medida dun nivel de vida digno).
Índice de Pobreza Humana (IPH)
[editar | editar a fonte]En cambio, o IPH intenta medir o nivel de pobreza existente nun país. Este índice foi elaborado por Nacións Unidas e no caso das economías en desenvolvemento (posto que existe outro índice para os países da OCDE) comprende:
- A probabilidade ó nacer de non sobrevivir ós corenta anos.
- A taxa de adultos non alfabetizados.
- A media entre a taxa de poboación sen acceso estable a unha fonte de auga de calidade e a taxa de menores de idade con peso por debaixo da media.joijojojo
Así pois, este último índice é máis elevado nos países de maior pobreza.
Benestar subxectivo
[editar | editar a fonte]O benestar subxectivo é calquera medida da cantidade de benestar que din ter as persoas dun país. Unha medida disto por exemplo é o índice de benestar subxectivo, que se elabora a partir de enquisas, calcúlase a partir da porcentaxe de persoas que se consideran "felices" ou "moi felices" menos a porcentaxe de persoas que se consideran "non moi felices" ou "infelices".
A enquisa mundial de valores de 1990 amosou que este índice variaba desde -2% para Bulgaria ata o 90% para Islandia. Observouse, ó igual que ocorre coa esperanza de vida, que para niveis de renda baixa existe unha correlación máis alta entre benestar subxectivo e PIB per cápita. Para rendas máis altas segue existindo correlación aínda que máis moderada. O coeficiente de correlación r entre as dúas variables considerando todos os tramos de renda foi alto (r = 0,74).
Criticismo: o PIB per cápita como indicador de benestar
[editar | editar a fonte]O PIB per capita real dunha economía adoita utilizarse como indicador do nivel de vida medio dos particulares dun país, e o crecemento económico adoita verse polo tanto coma un indicador do aumento no nivel de vida medio.
Non obstante, preséntanse algúns problemas ó calcular o crecemento mediante PIB per capita coa finalidade de medir o crecemento do benestar, por exemplo:
- Os gastos para contrarrestar os efectos negativos do crecemento sobre o medio ambiente, como a contaminación (isto chámase gasto defensivo).
- Aspectos económicos 'negativos', coma o custo de desprazamento.
- Avaliación do rendemento non comercializado, coma o traballo no fogar (se un particular contrata a un empregado do fogar no canto de limpar a casa por si mesmo, este rendemento contabílizase no PIB, pero probablemente o benestar non aumentaría).
- É posible que parte dos bos rendementos non queden reflectidos no PIB, por exemplo o dos pais que coidan dos seus bebés, o bricolaxe e o traballo en réxime de voluntariado.
- Desigualdade (a distribución desigual da renda; segundo a teoría da utilidade marxinal, os ingresos extra teñen menor utilidade para quen xa dispón duns ingresos altos que para aqueles que teñen ingresos baixos, de xeito que un aumento no PIB pode aumentar a utilidade en diferentes medidas segundo o lugar do individuo na cadea de distribución da riqueza).
Outras medidas de rendas nacionais, coma o Índice de benestar económico sostible ou o Indicador de progreso real, foron desenvolvidas como intento de ofrecer unha visión máis completa do nivel de benestar, aínda que non se chegara a un consenso en canto a que medida, se existe, é mellor que o PIB. Este indicador segue sendo con diferenza a medida máis utilizada, especialmente se tenemos en conta que, independentemente de todo o demais, un aumento do PIB real comporta un aumento da dispoñibilidade de emprego, necesaria para a supervivencia da maioría dos particulares.
Referencia histórica
[editar | editar a fonte]Os propios creadores do sistema de contabilidade nacional que deu lugar á medida do PIB advertiron das limitacións desta medida como medida do benestar social. John Maynard Keynes, John Hicks e Simon Kuznets desenvolveron o sistema de contabilidade nacional porque os seus gobernos necesitaban mellores medios para xestionar as súas economías fronte ás espectaculares flutuacións do Ciclo económico no período de entreguerras. Kuznets creador do sistema norteamericano unificado de contabilidade nacional, advirtiu en 1934 ó Congreso de que:
É moi difícil deducir o benestar dunha nación a partir da súa renda nacional (per cápita)Simon Kuznets, 1934
Porén considerou que as súas advertencias eran ignoradas e que tanto economistas como políticos acostumaban a equiparar prosperidade e crecemento do PIB per cápita. Anos máis tarde ampliou o seu criticismo no mesmo sentido cando declarou:
Hai que ter en conta as diferenzas entre cantidade e calidade do crecemento, entre os seus custos e os seus beneficios e entre o prazo curto e o longo. [...] Os obxectivos de "máis" crecemento deberían especificar de que e para queSimon Kuznets, 1962