Esciúridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Esquío")
Esciúridos
Sciuridae
Esquíos

Rango fósil: Eoceno - Actualidade
Membros da familia Sciuridae
Membros da familia Sciuridae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Sciuromorpha
Familia: Sciuridae
Fischer de Waldheim, 1817
Subfamilias e tribos
(Sciurus vulgaris) Esquío na Pobra do Caramiñal.

Os esciúridos (Sciuridae) son unha familia de roedores esciuromorfos que inclúen os esquíos, as marmotas e os cynomys.

Localización e características[editar | editar a fonte]

Os esciúridos están espallados por case todo o mundo, a maioría nas zonas de climas temperado ou tropical, mais tamén en algunhas zonas de clima frío. Como todos os roedores, posúe dentes incisivos fortísimos, con que roen sementes con facilidade. Os esciúridos son animais principalmente arborícolas e vive nas copas das árbores. Das copas, saltan dunha póla para outra, chegando os saltos a 5 metros de lonxitude, sen temer a caída.

As sementes son a súa principal fonte de alimentación, mais tamén consomen insectos e froitas. Cando os alimentos escasean, invaden niños doutros animais e devoran as crias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esciúridos

Outros artigos[editar | editar a fonte]