Saltar ao contido

Isidro Bango Torviso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsidro Bango Torviso
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudo da historia da arte Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador da arte, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Madrid Editar o valor en Wikidata

BNE: XX861041 BUSC: bango-torviso-isidro-gonzalo-1946 Dialnet: 514666


Isidro Gonzalo Bango Torviso, nado en Ferrol o 9 de outubro de 1946, é un historiador da arte, especializado na arte románica e prerrománica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutorouse na Universidade Autónoma de Madrid cunha tese sobre o románico na provincia de Pontevedra. Actualmente é catedrático de arte antiga e medieval nesa mesma universidade, director do Corpus de Arquitectura Monástica Medieval Española, codirector dos Cuadernos de Arte Español e da Introdución al Arte Español e membro da xunta directiva do Comité Español de Historia del Arte.

Foi comisario de diversas exposicións, como Las Edades del Hombre, das dioceses de Castela e León, ou Las Edades de un Reyno, de Navarra, e proxecta a do noveno centenario de Santo Domingo de la Calzada.[1]

Galicia Románica, BBdCG.
  • Arquitectura románica en Pontevedra Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1979.
  • Galicia románica (trad. ao galego de Pepe Carballude); Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1987.
  • El arte de la alta edad media, 1988.
  • Alta Edad Media. De la tradición hispanovisigoda al románico, 1989.
  • Monasterios medievales, 1989.
  • El arte mozárabe, 1991.
  • El románico en España, 1994.
  • El camino de Santiago, camino de las estrellas, 1994.
  • Arte bizantino y arte del Islam, 1996.
  • El arte románico en Castilla y León, 1997.
  • El camino de Santiago, 1999.
  • Por los caminos de Santiago, 1999.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]