José Manuel Parada
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Manuel Parada Rodríguez 1954 (69/70 anos) Monforte de Lemos, España |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión, xornalista, director de televisión |
Empregador | Libertad FM (en) (2015–) Trece (2012–) Atresmedia (2010–2011) Mediaset España (2007, 2022–2010) RTVE (1989–2003) COPE |
Premios | |
| |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
José Manuel Parada Rodríguez, nado en Monforte de Lemos o 9 de decembro de 1953, é un presentador de televisión galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sendo aínda neno trasládase coa súa familia a Ponferrada, na provincia de León. Tras estudar Maxisterio e Xornalismo, comeza a traballar no mundo da radio, primeiro en Ourense e máis tarde en Barcelona. Terminaría fichando pola Cadena COPE.
En 1989 incorpórase a Radio Nacional de España onde presenta o espazo nocturno La radio de las sábanas blancas (1989-1994) e Parada en la 1 (1994-1997).
A súa carreira en televisión estivo sempre vinculada a Televisión Española. Debuta en 1988 no espazo musical Contigo, presentado por Norma Duval.
Despois virían El salero (1990), Arco de triunfo (1991), con Isabel Gemio, Ay vida mía (1992-1993), con Mary Carmen y sus muñecos, Hale Bopp (1997), un programa de descubrimento de novos talentos, Curso del 99 (1999) e Amigos en la noche (2001), con Isabel Pantoja.
En 1991 incorpórase ao equipo que dirixe María Teresa Campos en Pasa la vida, o magazine diario en TVE. Cando en 1996 Campos e a maior parte dos seus colaboradores fichan por Telecinco, Parada decide permanecer na cadea pública. O 10 de xullo de 1995 comezaron as emisións do programa co que máis éxito alcanzaría: Cine de barrio, un espazo emitido a tarde dos sábados no que se programaba unha película española dos anos 60 ou 70, e charlábase cun ou varios dos seus intérpretes, vellas glorias do cine nacional.
Fixo un pequeno papel en Hostal Royal Manzanares, xunto a Lina Morgan, interpretando o papel de Stéfano. En marzo de 1999 creou a súa propia produtora, Sil Producciones S.L., a través da cal financia o seu propio programa e outros e que comeza a facturar a TVE importantes sumas de diñeiro.
Parada estivo á fronte do programa ata finais de 2003. Ese ano, tras o escándalo provocado pola emisión dun vídeo gravado para o programa no que, nun iate, a folclórica Marujita Díaz mostrou un espido integral, TVE decide non renovar o seu contrato alegando o elevado custo da produtora e é substituído pola actriz Carmen Sevilla. En 2007 volveu a televisión, colaborando como colaborador no programa de actualidade Está pasando, que presentan Emilio Pineda e Lucía Riaño en Telecinco.
Recibiu o Premio Antena de Ouro (1999) polo seu labor á fronte de Cine de barrio.