Estación de Laza-Cerdedelo
Laza-Cerdedelo | |
---|---|
Estación de Cerdedelo | |
Situación | Laza |
Laza-Cerdedelo é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Cerdedelo, no concello de Laza, provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 182,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 882 metros de altitude,[1] entre as estacións de Castrelo do Val-Verín e A Alberguería-Prado. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
[editar | editar a fonte]A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]
A estación
[editar | editar a fonte]Como moitas das estacións deste tramo o edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos realizado en pedra. Ten a particularidade de posuír no seu segundo piso, unha ampla terraza que repousa parcialmente sobre varios alicerces de pedra. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Liña Zamora-Ourense Afzamorana
- ↑ Dez estacións entre Ourense e Sanabria quedan sen tren desde o domingo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Información na web de Adif Arquivado 30 de xuño de 2016 en Wayback Machine.