Estación de Louredo-Valos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estación de Louredo - Valos")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°14′04″N 8°35′49″O / 42.23444, -8.59694

Louredo-Valos
SituaciónMos

Louredo - Valos é unha estación de tren de Adif situada en Louredo, no concello de Mos, provincia de Pontevedra. Actualmente non presta servizos de viaxeiros.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 159,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 118 metros de altitude, entre as estacións do Porriño e Redondela.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 17 de marzo de 1878 coa aperta do tramo Guillarei-Vigo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada RENFE.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]