Paradela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito poboación, obtido de wikidata
Sen resumo de edición
Liña 51: Liña 51:
gastocapitalhab= |
gastocapitalhab= |
}}
}}
'''Paradela''' é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca de Sarria]], que forma parte da [[Ribeira Sacra]]. Segundo o [http://www.ine.es/ INE] a súa poboación no [[2014]] era de 1.967 habitantes <small>(2.307 no [[2006]], 2.367 no [[2005]], 2.408 no [[2004]], 2.463 no [[2003]])</small>. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|paradelense}}».
'''Paradela''' é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca de Sarria]], que forma parte da [[Ribeira Sacra]]. Segundo o [http://www.ine.es/ INE] a súa poboación no [[2017]] era de 1.851 habitantes <small>(2.307 no [[2006]], 2.367 no [[2005]], 2.408 no [[2004]], 2.463 no [[2003]])</small>. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|paradelense}}».


== Demografía ==
== Demografía ==
Liña 58: Liña 58:
|-----
|-----
| '''Censo Total'''
| '''Censo Total'''
| 1.967 (2014)
| 1.851 (2017)
|-----
|-----
| '''Menores de 15 anos'''
| '''Menores de 15 anos'''
| 112 (5.69%)
| 97 (5.24 %)
|-----
|-----
| '''Entre 15 e 64 anos'''
| '''Entre 15 e 64 anos'''
| 1.124 (57.14%)
| 1.027 (55.48 %)
|-----
|-----
| '''Maiores de 65 anos'''
| '''Maiores de 65 anos'''
| 731 (37.26%)
| 727 (39.28 %)
|}
|}



Revisión como estaba o 4 de xullo de 2018 ás 16:19

Coordenadas: 42°45′56.11″N 7°34′3.62″O / 42.7655861, -7.5676722

Paradela
Bandeira de Paradela
Escudo de Paradela
Río Miño ó seu paso por Paradela.
Situación
Xentilicio[1]paradelense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Sarria
Poboación1.638 hab. (2023)[2][3]
Área121,1 km²[3]
Densidade13,53 hab./km²
Entidades de poboación18 parroquias[4]
Política (2015)
AlcaldeJosé Manuel Mato Díaz (PPdG)
Concelleiros
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Paradela
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes92,36%
Na rede
www.paradela.es
editar datos en Wikidata ]

Paradela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria, que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o INE a súa poboación no 2017 era de 1.851 habitantes (2.307 no 2006, 2.367 no 2005, 2.408 no 2004, 2.463 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «paradelense».

Demografía

Censo Total 1.851 (2017)
Menores de 15 anos 97 (5.24 %)
Entre 15 e 64 anos 1.027 (55.48 %)
Maiores de 65 anos 727 (39.28 %)

Xeografía

Paradela sitúase no suroeste da provincia de Lugo, entre o val do río Miño e a depresión de Sarria. Limita ao norte co Páramo, ao sur con Bóveda e O Saviñao, ao leste con Sarria e O Incio, e ao oeste con Taboada e Portomarín. Ten uns 120 km², repartidos en 18 parroquias.

Polo oeste pasa o río Miño, e atravesando a parte norte está o río Loio. O punto máis alto é Pena Ventureira (838 m), sendo a altitude media do concello de 600 m.

Heráldica

O concello de Paradela aprobou o 16 de abril de 1986 o proxecto de Estudo Heráldico e Estandarte para o Concello redactado por Vicente Cárdenas y Vicent, sendo aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia o 16 de outubro do mesmo ano.

No escudo aparece a mitra, representando o mosteiro de Santa María de Loio, que aparece nomeado na Bula aprobatoria da Constitución canónica da Orde de Santiago, expedida polo Papa Alexandre III.

A campá representa a de San Miguel, á que sempre se lle atribuíu unha axuda milagreira nos partos dificultosos.

A grande Cruz de Santiago, no centro, lembra o paso do camiño francés a Santiago de Compostela polo concello, onde houbo importantes hospitais de peregrinos, así como unhas das primeiras posesións e casas matrices da Orde.

Os dous castiñeiros representan a destacada riqueza forestal de Paradela.

Patrimonio

No concello sitúanse o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño (século XIII), o mosteiro de Santa María de Castro de Rei e o mosteiro de Santa María de Loio.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Paradela.

Lugares de Paradela

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Paradela vexa: Lugares de Paradela.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Paradela

Aldosende (Santiago) | Andreade (Santiago) | Barán (San Pedro) | Castro (San Mamede) | Castro de Rei de Lemos (Santa María) | As Cortes (San Salvador) | Ferreiros (Santa María) | Francos (Santa María) | A Laxe (Santiago) | Loio (San Xoán) | Paradela (San Miguel) | San Facundo de Ribas de Miño (San Facundo) | San Martiño de Castro (San Martiño) | San Vicente de Paradela (San Vicente) | Santa Cristina de Paradela (Santa Cristina) | Santalla de Paradela (Santalla) | Suar (San Lourenzo) | Vilaragunte (Santa María)

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Paradela".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.