San Vicente de Paradela, Paradela
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: San Vicente e Paradela.
| San Vicente de Paradela | |
|---|---|
Igrexa de San Vicente de Paradela | |
| Concello | Paradela[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°45′17″N 7°35′49″O / 42.7548, -7.597 |
| Poboación | 93 hab. (2024) |
| Entidades de poboación | 10[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Vicente de Paradela é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo.
Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 93 habitantes (45 homes e 48 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2007, cando tiña 159 habitantes[2].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de San Vicente de Paradela fíxose en 1630, segundo unha inscrición do testeiro. Destaca o frontispicio de perpiaños graníticos, con porta rectangular aberta nun arco de grandes doelas, por presentarse sen función construtiva e ofrecer detalles mozárabes.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Relevo e inscrición na Igrexa
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Vicente de Paradela
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Vicente de Paradela no concello de Paradela (Lugo) | |
|---|---|
|
Barrido | Cimadevila | A Eirexe | Nai | Pereiraboa | Riocabo | Ríos | Rosende | San Vicente | Santa Mariña |