Paradela, Paradela
| Paradela | |
|---|---|
Igrexa de San Miguel de Paradela. | |
| Concello | Paradela[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°45′57″N 7°34′10″O / 42.7658, -7.5695 |
| Poboación | 235 hab. (2020) |
| Entidades de poboación | 8[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Miguel de Paradela é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 285 habitantes, deles 132 eran homes e 153 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. Segundo o INE tiña 247 habitantes en 2021.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de San Miguel de Paradela é un templo románico que conta cunha artística pia bautismal do século XVI – XVII. Preto da igrexa atópase un cruceiro composto por un capitel de follas e volutas e un fuste monolítico decorado con motivos da Paixón de Cristo.
Na capitalidade do concello existe un paseo que acompaña o regato Ruxidoira, que o leva ata un conxunto etnográfico formado por unha fervenza e un muíño.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Capela da Abelaira
- Cemiterio de San Miguel.
- Cruceiro de San Miguel de Paradela.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Miguel de Paradela
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Paradela no concello de Paradela (Lugo) | |
|---|---|
|
A Abelaira | Campo Redondo | A Carretería | Millarados | Pacios | Randulfe | Rodillón | San Pedro |