Portal:Ferrol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{en uso}}"

Piquito (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
__NOTOC__
{{en uso}}
{{En uso}}
{{Índice portais}}
{| width="100%" cellpadding="5" cellspacing="10" style="background:#FFFFFF; border-style:solid; border-width:4px; border-color: #4000FF;"
| width="55%" valign="top" style="padding: 0; margin:0;" |
__NOTOC__ __NOEDITSECTION__
{| cellspacing="0" style="width:100%; height:45px" border="0"
[[Ficheiro:PONTEVEDRA PORTAL.jpg|1175px]]

{{/Cabezallo|{{PAGENAME}}|{{FULLPAGENAME}}/Introdución|}}
{{/Rodapé|}}

[{{fullurl:{{{page|{{FULLPAGENAME}}}}}|action=purge}} '''Amosar máis contido destacado''']

{{Selección aleatoria de portal|max=3|cabeceiro='''Artigo destacado'''|pé_de_páxina=|subpáxina=Artigo destacado}}

{{Selección aleatoria de portal|max=3|cabeceiro='''Lugar de interese'''|pé_de_páxina=|subpáxina=Lugar de interese}}

{{Selección aleatoria de portal|max=1|cabeceiro='''Imaxe destacada'''|pé_de_páxina=|subpáxina=Imaxe destacada}}

{{Selección aleatoria de portal|max=1|cabeceiro='''Biografía destacada'''|subpáxina=Biografía destacada}}

{{Selección aleatoria de portal|max=1|cabeceiro='''Sabías que...?'''|subpáxina=Sabías que...}}

{{Selección aleatoria de portal|max=1|cabeceiro='''Portais relacionados'''|pé_de_páxina=|subpáxina=Portais relacionados}}

{{Selección aleatoria de portal|max=1|cabeceiro='''Proxectos irmáns'''|pé_de_páxina=|subpáxina=Proxectos irmáns}}

[[Categoría:Portal Ferrol|Ferrol]]

Revisión como estaba o 17 de marzo de 2016 ás 21:54

Ficheiro:PONTEVEDRA PORTAL.jpg

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, cabeza da comarca de Ferrol, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2014 tiña 70.389 habitantes, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia. A cidade ocupa un emprazamento peninsular dentro da ría que leva o seu nome, a Ría de Ferrol.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.

A cidade aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó Océano Atlántico na zona rural. Esa fachada acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo ou Covas.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

Entre o patrimonio da cidade destacan o Castelo de San Felipe ou Concatedral de San Xiao. Por outra banda, a Semana Santa de Ferrol, un dos acontecementos máis sinalados do ano, xunta unha gran cantidade de turistas e é declarada de interese internacional.

Artigo destacado

editar

Ideal Auto ou IASA é unha empresa de transporte de viaxeiros e mercadorías fundada en Ferrol en 1912 por Jesús Pita Saavedra co nome de El Ideal Gallego. Tamén se coñece popularmente como "O Ideal".

O seu fundador foi un emigrante en Cuba que á volta mercou a súa primeira liña. Comezou con tres carros mercados a uns curas para facer o percorrido Ferrol - Xuvia - Maniños - Cabanas - Pontedeume - A Coruña. Posteriormente foi ampliando liñas, mercando outras empresas ou asociándose con elas para compartir liñas, como a Empresa Ribadeo (fundada en 1930, pasando a chamarse ERSA en 1957 e que foi mrecada por IASA en 1993), ou El Celta (fundada en Santiago en 1954).

En 1975 trocou o nome por Ideal Auto S.A. (IASA). A empresa foi vendida en 1999 á multinacional inglesa Arriva tiña entón máis de 170 autocares e case trescentos traballadores. Trasladáronse as oficinas á Estación da Coruña, deixando a sede de Ferrol e pechando os talleres de mantemento en Fene.

Lugar de interese

editar

O Teatro Jofre é unha institución cultural da cidade de Ferrol, inaugurado en 1892. É unha das máis importantes obras da arquitectura teatral da España do século XIX. O seu interior, coa súa espléndida acústica e fermosa decoración, é testemuña da actividade cultural da cidade.

Contra o século XVIII Ferrol contaba co teatro do italiano Nicolás Settaro, onde se representaban funcións dramáticas, líricas e bailes, que foi destruído por un incendio. En 1862, un grupo de ferroláns comezaron a construción do novo teatro. Os arquitectos Faustino Domínguez Domínguez e o seu fillo Faustino Domínguez Coumes-Gay, foron os autores do primeiro proxecto e do edificio final, respectivamente. A pesar de que os beneficios da empresa serían para o Hospital de Caridade, o que tiña que facilitar a construción, as obras non rematarían de non ser polo apoio do ferrolán Joaquín Jofre Maristany, afincado en Buenos Aires. A importancia da súa persoa na construción do teatro fixo que se lle dese o seu nome. Foi inaugurado trinta anos despois de comezadas as obras, o 19 de maio de 1892.

A fachada orixinal do Teatro Jofre ocupaba a actual praza de Galicia, e contrastaba na súa sinxeleza co interior. Na actual destacan as columnas decoradas con elementos teatrais. A planta ten forma de ferradura. O interior, de tres pisos decorados, e con frescos no teito que representan os xéneros teatris.

Imaxe destacada

editar

Porta do Arsenal de Ferrol.
Vexa o artigo Armada Española.

Biografía destacada

editar

Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo, o Xeneralísimo ou simplemente Franco, foi un militar e ditador español, integrante do Alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o término do conflito ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973.

Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo conservador, católico e anticomunista. Este cambio debeuse á derrota do fascismo na Segunda Guerra Mundial. Aglutinou en torno ao culto á súa persoa diferentes tendencias do conservadorismo, o nacionalismo e o catolicismo opostas á esquerda política e ao desenvolvemento de formas democráticas de goberno.

Durante o seu mandato á fronte do exército e da xefatura do Estado, especialmente durante a guerra civil e os primeiros anos do réxime, tiveron lugar múltiples violacións dos dereitos humanos, segundo sinalan numerosas investigacións históricas e denuncias de particulares.

Sabías que...?

editar

Semana Santa de Ferrol.

Portais relacionados

editar

Galicia
Galicia

Galicia

Lugo
Lugo

A Coruña

Lugo
Lugo

Lugo

Ourense
Ourense

Ourense

Ferrol
Ferrol

Pontevedra

Santiago de Compostela
Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Vigo
Vigo

Vigo

Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons