El Celta (autocares)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Celta.
Empresa El Celta S.A. | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1954 |
Matriz | Arriva |
Localización | Santiago Galicia |
Industria | Transporte de viaxeiros |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Celta foi unha empresa de transporte de pasaxeiros fundada en Santiago de Compostela no ano 1954. En Santiago tiña parada na rúa da Senra[1], fóra do emblemático edificio Castromil.
Facía a liña entre a cidade de Compostela e Santa Uxía de Ribeira[2] percorrendo a N-550 e a AC-305 no traxecto que separa ámbalas dúas cidades.
No ano 1994 El Celta pasou a formar parte da empresa Hermanos Ferrín S.L.[3], en 1997 xa se atopaba baixo control de Ideal Auto, que amais contaba coas marcas Ersa e Iasa[4]. Arriva del Noroeste adquiriu en 2001 a popular compañía de transportes desaparecendo como marca nas estradas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia (1-5-2010) «Los autobuses Celta eran toda una institución, sobre todo en Ribeira, que era el final de la línea». "...a empresa de autobuses Celta, que tiñan a parada na Senra, fóra do edificio Castromil". Comprobado o 9-5-2014, en castelán.
- ↑ Faro de Vigo (10-4-2014) «La última "pulpeira" de Rellas». "Traíano no Celta —unha empresa de transportes de autobús— dende Santa Uxía de Ribeira ata Santiago". Comprobado o 9-5-2014, en castelán.
- ↑ Asociacion Empresarios Riveira (29-9-2009) «Ayer y Hoy de Hermanos Ferrín S.L.». "No ano 1994 compra a empresa EL CELTA creando a empresa HERMANOS FERRIN SL con distintas liñas". Comprobado o 9-5-2014, en castelán.
- ↑ Hemeroteca de La Voz de Galicia (7-6-2004) «Arriva acorda a venda de Finisterre a Autocares Vázquez por 12 millóns» Arquivado 13/05/2014, en Wayback Machine.. "En 1997 Ideal Auto, que contaba coas marcas Iasa, Ersa e O Celta, era o primeiro grupo de Galicia". Comprobado o 9-5-2014.