Saltar ao contido

IASA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 IASA
Imaxe
 Instancia de
 Forma xurídica
Economía e industria
 Industria
Datas
 Fundación / creación
1912 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Wikidata

Ideal Auto ou IASA é unha empresa de transporte de viaxeiros e mercadorías fundada en Ferrol en 1912 por Jesús Pita Saavedra co nome de El Ideal Gallego. Tamén se coñece popularmente como "O Ideal".

En 1975 trocou o nome por Ideal Auto S.A. (IASA). A empresa foi vendida en 1999 á multinacional inglesa Arriva tiña entón máis de 170 autocares e case trescentos traballadores.

El Ideal Gallego xurdiu xunto con outras moitas empresas en Galiza a principios do século XX, en tempos en que os carros de cabalos daban paso ao ferrocarril e ó transporte por estrada con vehículos a motor.

O seu fundador foi emigrante en Cuba e á volta mercou a súa primeira liña. Comezou con tres carros mercados a uns curas para facer o percorrido Ferrol - Xuvia - Maniños - Cabanas - Pontedeume - A Coruña. Foi ampliando liñas, mercando outras empresas ou asociándose con elas para compartir liñas.

IASA foi mercada en 1999 por Arriva por 27,6 millóns de euros. Arriva é unha empresa fundada en Sunderland, no Reino Unido pola familia Cowie en 1938.[1] IASA deixou as súas cores para empregar a rotulación e o nome da empresa británica.

Trasladáronse as oficinas á Estación da Coruña deixando a sede de Ferrol e pechando os talleres de mantemento en Fene despois dun accidente alleo a IASA no que morreu un mecánico ao rebentar unha roda.[2]

A familia Pita como propietaria de IASA mantiña unha estrutura organizativa e de traballo baseada na estabilidade e con traballadores moi coñecedores da empresa e identificados con ela, cos clientes e vinculados a Galiza. Arriva, coa compra da empresa, trocou esa organización e as condicións de traballo, o que xerou enfrontamentos e folgas[3].

Arriva reestruturou as liñas de viaxeiros buscando máis eficacia e puntualidade. Foi centrándose nas liñas máis rendibles, as de viaxeiros a Santiago e nos traxectos por autoestrada.

En 2005, Arriva vendeu Transportes Finisterre a Autos Vázquez, Monbús e Aucasa por dez millóns de euros[4].

Algúns dos seus novos autobuses ofrecen conexión Wi-Fi aos viaxeiros.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]