Saltar ao contido

Xuvia, Narón, Narón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xuvia

Praza do Concello. Ao fondo o xulgado, anterior casa do concello
ParroquiaNarón
ConcelloNarón
Coordenadas43°30′55″N 8°09′38″O / 43.5153, -8.1605
Poboación2279 hab. (2009)
[ editar datos en Wikidata ]

Xuvia é un barrio de Narón no concello de Narón na provincia da Coruña. Está situado no leste do concello, e limita ao norte coa parroquia de Sedes, ao sur coa ría de Ferrol, ao leste coa ría de Ferrol e o concello de Neda, e ao oeste coa parroquia de San Xiao de Narón e o barrio de Piñeiros.

Este barrio tamén é coñecido polo nome da parroquia eclesiástica que o conforma, sendo este o de Santa Rita[1]. A parroquia naceu logo da segregación da súa matriz que era a de San Xiao de Narón. Ata o ano 2001 este barrio era a capital administrativa do concello, ano no que se fixo o traslado ao barrio do Alto do Castaño.

En 2010, a parroquia civil de Santa Rita de Xubia desapareceu fusionándose con varias parroquias veciñas para dar lugar á zona urbana de Narón[2]. Por tanto, os datos máis recentes de poboación que achega o Instituto Galego de Estatística son de 2009: 2279 habitantes (1099 homes e 1180 mulleres)[2].

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Está situado xunto a Xuvia (Santa María de Neda, Neda)[3].

Imaxes de Xuvia

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Xuvia

[editar | editar a fonte]
Lugares do barrio de Xuvia no concello de Narón, na provincia da Coruña

Os Barracós | As Ferrerías | A Gándara de Altea | Prados | A Ponte de Xubia | San Cremenzo | San Roque | As Telleiras

Barrios de Narón

[editar | editar a fonte]
Barrios de Narón no concello de Narón, na provincia da Coruña

O Alto do Castaño | O Couto | A Gándara | Piñeiros | A Solaina | Xuvia

Parroquias de Narón

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Narón

Castro (Santa María) | Doso (San Lourenzo) | Narón | Pedroso (San Salvador) | San Xiao de Narón (San Xiao) | Sedes (Santo Estevo) | Trasancos (San Mateo) | O Val (Santa María a Maior)

  1. "XUVIA, Santa Rita". Parroquias Mondoñedo-Ferrol (en castelán). Consultado o 2026-02-01.
  2. 1 2 "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2009". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-03.
  3. "mapas.xunta.gal". mapas.xunta.gal. Consultado o 2025-09-03.