Montmeló: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: cbk-zam:Montmeló
PixelBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Elimino: cbk-zam:Montmeló
Liña 60: Liña 60:
[[ar:مونتميلو، برشلونة]]
[[ar:مونتميلو، برشلونة]]
[[ca:Montmeló]]
[[ca:Montmeló]]
[[cbk-zam:Montmeló]]
[[de:Montmeló]]
[[de:Montmeló]]
[[en:Montmeló]]
[[en:Montmeló]]

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2013 ás 08:01

Modelo:Cidade Montmeló é un municipio español pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado a uns 20 km ao norte de Barcelona, na comarca do Vallès Oriental. Atópase na parte baixa do río Congost, na súa confluencia co río Mogent para formar o Besòs, río que constitúe o límite meridional do municipio.

Historia

Igrexa de Santa María de Montmeló

A máis antiga referencia a Montmeló é unha acta do 945 na que se fala da igrexa de Santa María de Montmeló, que aínda conserva algúns restos románicos (sobre todo unha ábsida).

O 28 de marzo de 1642, durante a guerra dos Segadors foi escenario da batalla de Montmeló, na que as tropas catalanofrancesas derrotaron a columna castelá de 4.500 homes que se dirixía a Perpiñán, que quedara illada.

Demografía

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010
537 880 1.020 4.384 6.865 8.437 9.001

Economía

Montmeló constitúe a zona máis industrializada da comarca do Vallès Oriental. A superfície forestal ocupa só 8 hectáreas e a agricultura está en regresión fronte á industria. Os principais cultivos foron os cereais, forraxes e a viña.

Tribuna e recta de chegada do circuíto

En 1991 foi inaugurado o Circuíto de Catalunya, no que se disputan anualmente o Gran Premio de España de Fórmula 1 e o Gran Premio de Cataluña de Motociclismo. Ambas as carreiras gañaron en máis dunha ocasión o premio a mellor GP da tempada. O circuíto está entre os municipios de Montmeló, Granollers e Parets del Vallès.

Festividades

A festa maior celebrábase anteriormente en torno ao 15 de agosto coincidindo coa festividade da Asunción da nosa Señora, pero o municipio decidiu cambiar a data de celebración ao último domingo de xuño, case sempre coincidindo coa festividade de San Pedro, conmemorando a relación secular de Montmeló co mosteiro benedictino de Sant Pere de les Puel·les.

Nos últimos anos a Festa Maior divídese en dúas collas, a de Melons (en referencia ao nome do municipio) e a de Creuats (en referencia ás Tres Cruces), representados pola cor verde e o vermello respectivamente, que compiten en diferentes probas ao longo da Festa Maior.

Véxase tamén

Ligazóns externas