Teatro García Barbón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23: Liña 23:
{{LugaresdeintereseVigo}}
{{LugaresdeintereseVigo}}
[[Categoría:Museos de Vigo]]
[[Categoría:Museos de Vigo]]
[[Categoría:Arquitectura civil en Vigo]]
[[Categoría:Teatros de Galicia|García Barbón]]
[[Categoría:Teatros de Galicia|García Barbón]]
[[Categoría:Teatros de ópera de Galicia]]
[[Categoría:Teatros de ópera de Galicia]]

Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2013 ás 10:51

Centro Cultural Caixanova no Teatro García Barbón.

O Centro Cultural Caixanova é un centro cultural cuxa sede se atopa no Teatro García Barbón no concello de Vigo. Constitúe unha das obras arquitectónicas máis emblemáticas da "cidade olívica".

Historia

O actual Teatro García Barbón ten a súa orixe nun teatro anterior queimado polo lume no mes de febreiro de 1910 e localizado no mesmo emprazamento e cuxo derradeiro propietario foi don Xosé García Barbón. O teatro anterior foi chamado primeiro “Romea”, logo “Cervantes” e finalmente “Rosalía de Castro” ata que o lume o consumíu.

Fachada traseira.

Tralo lume o propietario do inmoble, o Sr. García Barbón, encargou ao arquitecto Antonio Palacios, un dos principais arquitectos do momento, un ambicioso proxecto de complexo cultural inspirado no modelo da Opera de París e formado por dúas salas teatrais superpostas, amplos salóns de columnas e unha monumental escaleira. A obra do inmoble comezouse no ano 1913 no seu emprazamento da rúa Policarpo Sanz. O teatro inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa obra “Madame Pompadour”. O inmoble non defraudou a ninguén e impresionou ao público pola súa grandiosidade e calidade artística.

A parte exterior do “García Barbón” construíuse en bloques de granito, material típico do Porriño natal do arquitecto. O seu estilo califícase como neobarroco, dentro da corrente modernista de comenzos do século pasado[1]. Entre os anos 1982 e 1984 o inmoble foi restaurado polo arquitecto Desiderio Pernas ao ser adquirido pola entidade financeira Caixa Vigo (actual Novacaixagalicia) que pretendía convertelo nun centro cultural.

Entre as novidades da restauración destaca a cúpula de cobre engadida para acoller a biblioteca do derradeiro andar. Rematando o edificio, engadíronse tamén dúas esculturas dos cabalos de bronce de Juan Oliveira Viéitez nos machóns da fachada principal e o resto das figuras de pedra de Manuel García Buciños, alegorías da pintura, teatro, escultura, literatura, cine e música[1]. Rematados os traballos de restauración, o teatro, convertido no Centro Cultural Caixavigo foi aberto de novo o 22 de marzo de 1984[2]. Cumpridos vinte anos da súa inauguración, o centro levou a cabo unhas 300.000 actividades, tivo uns 8 millóns de usuarios, e unha media de catro actos ao día[2].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas